Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Recibimos aos cativos do CEIP Alexandre Bóveda na biblioteca

Comezamos a semana cargando as pillas cunha visita que nos deixou cheos de enerxía!

Os cativos e cativas de Infantil do CEIP Alexandre Bóveda visitaron esta mañá a Biblioteca Xela Arias de Chapela.

Con eles achegámonos á arte da pintura a través dos contos e tamén dos libros informativos das nosas estanterías. Ademáis puderon traballar cada un deles en elaborar as súas propias creacións plásticas.

Debuxo, liña, trazo… fronte a pintura, mancha, cor. Quen vencerá? Unha confrontación que expusemos desde os contos, pero que cada quen resolveu coa súa propia expresión creativa, a través de diferentes propostas pictóricas.

Unha actividade para gozar da arte, da estética e da literatura a través da experimentación da nosa creatividade.

VER FOTOGRAFÍAS DA ACTIVIDADE

Compartir