A Biblioteca Xela Arias de Chapela continúa coas súas actividades de dinamización dos seus servizos.
Esta mañá contamos coa visita de dous grupos de persoas maiores: as alumnas e alumnos das clases de Axilización da memoria que se reúnen no Multiúsos da parroquia todas as mañás dos xoves.
Estas visitas constitúen unha ocasión fantástica para achegarnos a colectivos de diferentes idades e características para contactar cos seus intereses e achegarlles os servizos das bibliotecas.