Concello de Redondela

Redondela amplía o servizo do punto limpo móbil en todas as parroquias cun segundo remolque

Gustavo Villasuso, de Urbaser, os concelleiros Roberto Villar e Alberto Álvarez, e o representante da empresa provedora do remolque Pablo Loureiro
– O Concello de Redondela adquiriu unha segunda unidade de punto limpo móbil para atender as demandas da veciñanza, que solicitaba este servizo durante máis días e con máis frecuencias nas parroquias para facilitar a reciclaxe de residuos. O novo remolque permitirá duplicar a estancia do punto limpo, que estará dúas semanas en cada localización.
– O goberno local fai un balance “moi positivo” do uso que a veciñanza está a dar a este servizo, no que se están a recoller multitude de residuos. Roberto Villar explica que no primeiro ano de funcionamento do punto limpo móbil recolléronse case 2 toneladas de pequenos electrodomésticos, 1.000 litros de restos de pintura e centos de quilos de téxtil, pilas, móbiles, material informático, xoguetes, CDs, DVDs e casetes, entre outros residuos.

A concellaría de Infraestruturas e Sostibilidade e a de Medio Ambiente amplían o servizo do punto limpo móbil en todo o municipio logo da adquisición dun segundo remolque. O concelleiro Roberto Villar explica que esta segunda unidade permite dar resposta ás demandas da veciñanza “que nos solicita este servizo durante máis días e con máis frecuencias nas parroquias”. Con este segundo remolque imos duplicar a estancia do punto limpo móbil en cada emprazamento, polo que a partir de gora “estará dúas semanas en cada lugar”. Por outra banda Villar destaca “a boa acollida” deste novo servizo entre a veciñanza desde que comezou a funcionar hai un ano, e a “correcta clasificación de residuos que se está a realizar maioritariamente por parte dos usuarios”.

O obxectivo deste servizo é “facilitar á veciñanza a reciclaxe de diferentes tipos de lixo que non debe de ir aos colectores da rúa”, explica o edil de Medio Ambiente, Alberto Álvarez. Trátase dun servizo gratuíto para a veciñanza “pero de grande importancia para ter cada vez unha Redondela máis limpa, polo que é fundamental contar coa colaboración de todos e todas”, sinalan desde o Concello.

Os residuos que se poden depositar neste espazo son pequenos electrodomésticos, móbiles e tabletas, material informático, cargadores, auriculares, pilas, baterías, CDs, cartuchos e tóner de impresoras, radiografías, lámpadas, fluorescentes, cápsulas de café, material de escritura, aerosois, pintura, plásticos que non sexan envases, xoguetes ou pezas de téxtil, entre outros.

O goberno local fai un balance “moi positivo” do uso que a veciñanza está a dar a este servizo, no que se están a recoller multitude de residuos. Villar explica que no ano que leva en servizo o punto limpo móbil recolléronse case 2 toneladas de pequenos electrodomésticos, 1.000 litros de restos de pintura, e centos de quilos de textil, pilas, móbiles, material informático e xoguetes, así como Cds, DVDs e casetes, entre outros residuos.

Este verán os puntos limpos móbiles visitarán un total de sete parroquias. A próxima quincena estarán en Saxamonde e Negros desde o 14 ata o 27 de xullo. En Reboreda e Ventosela estarán do 28 de xullo ao 10 de agosto. No Viso e Cesantes ubicaranse desde o 11 ata o 24 de agosto. En Catapeixe (praza de San Pedro) estará do 25 de agosto ao 7 de setembro, e nesa mesma quincena estará tamén en Redondela, ao lado da casa do Concello. Na última quincena do verán os dous puntos móbiles estarán en Chapela, do 8 ao 21 de setembro, un estará instalado no aparcadoiro da rúa Manuel Rodríguez Casal e o outro no pavillón municipal.

O calendario coa localización do punto limpo móbil anunciarase por medio das redes sociais do Concello, e tamén na web municipal www.redondela.gal. Para que a recollida sexa eficaz “é importante separar ben os residuos, polo que en caso de dúbida é mellor consultar nos teléfonos de información”, sinala Villar.

Minipuntos Limpos

Este punto limpo móbil únese aos seis “minipuntos” que xa existen desde hai anos en diferentes rúas de Redondela e Chapela. Estes espazos para reciclar pequenos obxectos como cartuchos, lámpadas, cargadores, pilas ou baterías, están instalados nas rúas Alfonso XII, Ernestina Otero, Ribeira e Santa Mariña de Redondela, e nas avenidas de Redondela e de Vigo en Chapela.

Recollida de residuos voluminosos

Para residuos máis voluminosos como mobles, colchóns ou electrodomésticos, xa existe un servizo de recollida “porta a porta” cun sistema moi sinxelo para os usuarios. Tan só é preciso contactar con Urbaser no teléfono 986 388 111, en horario de 9 a 14 horas, e se lle informará do día e lugar no que pode depositar estes residuos.

CALENDARIO PUNTOS LIMPOS MÓBILES 2025

SAXAMONDE

Cruce Camiño do Sapal con Camiño Romano: 14 a 27 de xullo

NEGROS

Aparcamento do Centro Cultural de Negros: 14 a 27 de xullo

REBOREDA

Zona do Cemiterio, aparcamento: 28 de xullo a 10 de agosto

VENTOSELA

Illa de contedores anterior ao CVCD da Miñoteira: 28 de xullo a de agosto

O VISO

Chaira en Saramagoso, ao comezo das subida á Peneda: 11 a 24 de agosto

CESANTES

Miradoiro no Alto dos Tras: 11 a 24 de agosto

Catapeixe, praza de San Pedro: 25 de agosto a 7 de setembro

REDONDELA

Contorna do Concello: 25 de agosto a 7 de setembro

CHAPELA

Aparcadoiro público rúa Manuel Rodríguez Casal: 8 a 21 de setembro

Chaira do Pavillón Municipal Manuel González Soto: 8 a 21 de setembro

TRASMAÑÓ

Chaira do convento: 22 de setembro a 5 de outubro

CEDEIRA

Aparcamento xunto pista deportiva (polo antigo bar «Sobe se podes»): 22 de setembro a 5 de outubro

CABEIRO

Aparcamento do Centro Cultural San Juan de Cabeiro: 6 a 19 de outubro

VILAR

Aparcamento do Centro Cultural de Vilar de Infesta: 6 a 19 de outubro

QUINTELA

Aparcadoiro do novo Centro Cultural de Quintela: 20 de outubro a 2 de novembro

SAXAMONDE

Cruce Camiño do Sapal con Camiño : 20 de outubro a 2 de novembro

NEGROS

Aparcamento do Centro Cultural de Negros: 3 a 16 de novembro

REBOREDA

Zona do Cemiterio, aparcadoiro: 3 a 16 de novembro

VENTOSELA

Illa de contedores anterior ao CVCD da Miñoteira: 17 a 30 de novembro

O VISO

Chaira en Saramagoso, ao comezo da subida á Peneda: 17 a 30 de novembro

CESANTES

Miradoiro no Alto dos Tras: 1 a 14 de decembro

Catapeixe, praza de San Pedro: 1 a 14 de decembro

REDONDELA

Contorna do Concello: 15 a 28 de decembro

CHAPELA

Aparcadoiro público rúa Manuel Rodríguez Casal: 15 a 28 de decembro

Chaira do Pavillón Municipal Manuel González Soto: 29 de decembro a 11 de xaneiro

TRASMAÑÓ

Chaira do convento: 29 de decembro a 11 de xaneiro

NOTA: os traslados do punto limpo móbil realízanse os luns de cada quincena.

Compartir