Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Redondela celebra a IV Carreira Popular Infantil

O sábado 7 de setembro Redondela acollerá a celebración da Carreira Popular Infantil, organizada polo Concello e coa colaboración da Asociación deportiva C.A.R. Poderán participar nenos e nenas desde a categorías Pitufo, nados no ano 2022, ata a Sub 18, para os nados no ano 2007. A distancia da carreira será de 50 metros para os máis pequenos até os 2.300 metros para os maiores. A partir das 19.00 horas comezarán as carreiras na rúa Alfonso XII. A meta estará ubicada na mesma rúa, fronte á Casa do Concello.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Iván Valles, presentaron este mediodía a proba xunto coa directiva do CAR con Ana María Romasanta, Gabriel Corujeira e José Antonio Lago. Tanto desde o Concello como desde o CAR animan a toda a rapazada a participar nesta festa do atletismo, que conta xa con máis de 140 inscritos, sobre todo nas categorías dos máis pequenos e pequenas. Trátase dunha carreira popular “no que o máis importante é fomentar os valores do deporte e os hábitos de vida saudables entre a rapazada”, sinala Rivas, xa que nesta proba “haberá medallas para todos os participantes”.

As inscricións para a proba son gratuítas, e deben realizarse na páxina web de Cronotec. O prazo para apuntarse está aberto ata o 4 de setembro. Para máis información o teléfono de contacto é o 667833100.

Compartir