Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Redondela celebra o Día Mundial do Medio Ambiente cunha actividade con escolares

A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Pilar Martínez, celebrou hoxe o Día Mundial do Medio Ambiente cunha actividade con escolares. Nenos e nenas participaron esta mañá nunha xornada formativa sobre a importancia da reciclaxe, de manter limpas as zonas públicas e o respecto aos espazos naturais. A xornada rematou cun paseo pola senda do río Pexegueiro, onde os escolares puideron coñecer a biodiversidade da contorna.

A actividade levouse a cabo en colaboración con Urbaser, a empresa responsable da recollida de residuos en Redondela, e coa participación de persoal do Plan Municipal de Voluntariado.

Compartir