-Nenos e nenas dos campamentos de conciliación foron os encargados de poñer de manifesto a importancia desta data e da figura de Castelao. No acto participaron as pandeireteiras Ledicia de Trasmañó e ao son da gaita interpretouse a Marcha do Antigo Reino de Galicia e o Himno Galego.
-A alcaldesa, Digna Rivas, sinalou que nesta data debemos lembrar que Galicia foi terra de emigrantes, e que agora debe ser terra “acolledora para os que veñen de fóra”. Rivas avogou por unha sociedade galega “sen racismo, machismo, xenofobia ou calquera outra forma de odio ou violencia contra a diversidade”.
O Concello de Redondela celebrou no Día Nacional de Galicia un acto institucional na alameda Castelao para conmemorar esta data. O técnico municipal do Servizo de Normalización Lingüística, Xurxo Martínez, foi o encargado de presentar un acto no que puxo en valor esta celebración e, especialmente, a figura de Castelao neste ano no que se lle rende homenaxe en toda Galicia.
Manuel, Sara, Roi, Daniela, Manuel, Lucas e Noa, nenos e nenas que participan nos campamentos de conciliación, foron os encargados de falar desta data e da vida e obra de Castelao.
A alcaldesa Digna Rivas sinalou tamén que nesta data, o día central do noso país, lembramos que Galicia foi terra de emigrantes, e que agora é “terra acolledora para os que veñen de fóra buscando un futuro mellor”. Rivas avogou por unha sociedade galega “sen racismo, machismo, xenofobia ou calquera outra forma de odio ou violencia contra a diversidade”.
A parte musical do acto correu a cargo do grupo de pandeireteiras Ledicia de Trasmañó, que interpretou varias pezas musicais para rematar co Himno Galego ao son da gaita. A xornada péchase co concerto de Tanto Nos Ten na Praza da Torre ás 22.00 horas.