Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Redondela presenta a programación do 25N co lema “Sempre hai saída”e o símbolo da porta violeta

– O programa inclúe conferencias, exposicións, clases de autodefensa, contacontos, performance e obradoiros para o alumnado de institutos e colexios. A alcaldesa, Digna Rivas, salientou que desde o Concello “traballamos todos os días do ano na prevención da violencia machista”. Neste mes de novembro a programación refórzase aínda máis con actividades dirixidas especialmente ao alumnado dos institutos e colexios e tamén para o público en xeral.
– O lema deste ano, “Sempre hai saída” e a porta violeta que o representa “son un chamamento á liberdade, unha alegoría para que as vítimas busquen a axuda que precisan non só nas administracións ou entidades, senón na súa contorna, na súa familia e amizades, na veciñanza e na sociedade”, sinala Rivas.

Unha porta violeta presidiu a presentación das actividades que organiza o Concello de Redondela este mes de novembro co gallo da celebración do 25N do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A alcaldesa, Digna Rivas, acompañada da concelleira de Igualdade Iria Vilaboa, o experto en seguridade dixital Javier Cancelas, e membros da asociación Andaina, deu conta da programación que comeza esta mesma semana. A rexedora salientou que desde o Concello “traballamos todos os días do ano na prevención da violencia machista, con actividades para darlle visibilidade a esta problemática e concienciar á sociedade”. Neste mes de novembro a programación refórzase aínda máis con actividades dirixidas especialmente ao alumnado dos institutos e colexios, “porque na educación está a base da prevención de conductas machistas” e tamén para o público en xeral.

O lema deste ano, “Sempre hai saída”, busca ser “unha porta aberta á liberdade, unha alegoría para que as vítimas busquen a axuda que precisan non só nas administracións ou entidades, senón na súa contorna, na súa familia e amizades, na veciñanza e na sociedade. Que nunca máis sexa tarde para cruzar a porta cara á liberdade”, sinalou Rivas. Ese lema está representado nunha porta violeta que se instalará na praza do Concello e recollerá ao longo deste mes as mensaxes dos centros de ensino, centros de día e colectivos como Andaina e Lenda, que participan desta actividade. Colexios, institutos e outras entidades participantes na campaña terán tamén a súa propia porta, con material achegado polo Concello, para escribir as súas mensaxes. A concelleira Iria Vilaboa explicou que a boneca “Violeta” visitará os diferentes centros e asociacións para coñecer estas mensaxes. Tanto Rivas como Vilaboa agradeceron a todos os centros, colectivos e asociacións a súa participación “xa o obxectivo deste goberno é que toda a sociedade se implique na loita contra a violencia machista”. Agradeceron tamén a colaboración da concellería de Infraestruturas e Sostibilidade cuxos operarios se encargaron de realizar a porta violeta desta campaña.

Compartir