Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Samaín terrorífico na Biblioteca Xela Arias

ImagenNoDisponible
Na biblioteca recibímosvos dun xeito amigable, non damos medo… Pasade, pasade!!

Na véspera de Defuntos moitas ánimas descarriadas do Outro Mundo e moitas forzas extrañas se achegaron á nosa biblioteca enmeigada:

Seres terroríficos doutro mundo interesáronse pola nosa sección de narrativa de medo, misterio e morte…

 

Tamén na Sala infantil, no recuncho de libros sobre fantasmas, bruxas, monstros e defuntos

 

Visitantes espantosos, ávidos de libros frescos con arrepiantes historias dentro

Non teñades medo, son as nosas historias de terror, misterio, fantasmas, monstros e medos as que lles atraen a todos… e a todas.

E que están por todas partes…. ⚰

Aínda que tamén os nosos doces, que encheron petos e cabazas

Que pasedes unha boa Noite de Samaín!

 

Compartir