A Fundación Filomena Rivero Alonso presenta un ciclo de narración oral destinado a nenas e nenos do Concello de Redondela.
Este venres, 3 de novembro, ábrese o prazo de inscrición para o primeiro contacontos do programa TARDES DE OUTONO. Contos en familia, un ciclo de narración oral promovido pola Fundación Filomena Rivero Alonso, que terá lugar na Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán de Redondela.
- O xoves 9 de novembro, celebrarase a primeira sesión de contos, tituladaA grandeza do pequeno, de Iseo A Moura, dirixida a público a partir de 4 anos.
- O xoves 16 de novembro, volverá á biblioteca Raquel Queizás cunha nova historia da súa personaxe, A Viaxe de Nano, para nenas e nenos de 1 a 3 anos.
- O xoves 23 de novembro gozaremos con Pes de Lobo con Anxo Moure, dirixido a público a partir de 4 anos.
- O xoves 30 de novembro , A nena e os Tres Osos con Bea Campos, para nenas e nenos de 1 a 3 anos, pechará o ciclo.
Este programa é de balde e é necesaria a inscrición previa desde o venres anterior a cada actuación, a través do correo electrónico: info@tallerabierto.gal ou no whatsapp 617340323.
Aquí todos os detalles do programa.
Organiza Fundación Filomena Rivero Alonso (A Fundación Filomena Rivero Alonso é unha entidade sen ánimo de lucro que adicase apotenciar proxectos que teñan coma fin mellorar a calidade de vida na nosa sociedade e o desenvolvemento de actividades culturais dirixidas a calquera idade.
Colabora Concello de Redondela e Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán