Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Turismo e ecoloxía van da man cos Roteiros Ambientais para todos os públicos

– As actividades comezaron esta semana cunha ruta en kaiak pola Portela, e haberá outras catro saídas ata o domingo pola Senda da Auga, visitas nocturnas pola praia de Cesantes e os muíños do Fondón e un roteiro ambiental en Monte Penide.

-Os concelleiros de Turismo, Rita Pérez Táboas, e Sostibilidade, Roberto Villar, achegáronse esta mañá á actividade celebrada na Portela e animaron tanto á veciñanza de Redondela como aos visitantes a participar nestas actividades organizadas para público de todas as idades.

As concellerías de Turismo, Sostibilidade e Medio Ambiente apostan unha vez máis polas actividades de ecoturismo e educación ambiental. Este mes de xullo ofrecen unha ampla proposta de roteiros e actividades a pé, en bico ou en kaiak, a maioría delas de balde. A primeira saída realizouse onte cunha actividade de iniciación ao kayak. Os participantes realizaron unn percorrido polos “segredos da Portela” para coñecer os fondos mariños, as pradeiras de zoostera, a zona intermareal e a Regasenda.

Ao longo desta semana haberá catro actividades máis. O xoves 18 terá está organizada unha ruta en bicicleta pola Senda da Auga con saída desde Chan das Pipas. Pódese participar con bici propia (5 euros) ou con bicis do Concello (8 euros). A actividade do venres día 19 é unha ruta nocturna pola praia de Cesantes para coñecer a zona intermareal, co saída ás 21.00 horas desde o Peirao, actividade de balde. Para o sábado día 20 tamén se está organizada unha saída nocturna, neste caso para percorrer os Muíños do río Fondón e Monte Penide. A saída será ás 21.30 desde o campo de fútbol de Trasmañó, actividade de balde. O domingo día 21 remataremos a semana cun roteiro ambiental por Monte Penide o saída ás 10.00 desde a mámoa do Rei. Actividade grautíta.

A próxima semana haberá unha saída en kayak pola enseada de san Simón o luns 22 e a programación rematará o sábado día 27 cunha actividades de observacións das estrelas no Campo de fútbol do Viso.

A concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez, destacou a “transversalidade” destas actividades “que apostan polo turismo ambiental, sostible e responsable con saídas para coñecer o espectacular patrimonio natural de Redondela”. O concelleiro de Sostibilidade, Roberto Villar, sinalou que o obxectivo destas actividades é “poñer en valor os recursos naturais de Redondela e tamén concienciar á veciñanza e ás persoas que nos visitan da importancia de respectar estes espazos naturais e axudar a conservalos”.

Para participar nestas actividades é preciso facer a inscrición previa na oficina de turismo, no teléfono 986 40 17 13 ou no enderezo electrónico turismo@redondela.gal.

Compartir