Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Un día “redondo”

 Onte, 27 de setembro, foi un día gozoso, na Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela.
✏️De mañá ,”zentangleamos” con Elisabet Hillerud  e un grupo de estimulación terapéutica de AFAGA , decorando un texto poético.
No obradoiro utilizouse o método Zentangle para decorar o poema. Esta técnica crea belas imaxes e fomenta a paz interior e a concentración, desenvolvendo a creatividade e a sensibilidade artística…e non hai que ter coñecementos previos de debuxo!
 Unhas fermosas palabras no Instagram de  Zengoala  a través deste código QR
 ‍♀️De tarde, “contacontamos” con Cris De Caldas e a súa “Bibliotecaria Estrafalaria” , descubrindo que os mellores contos están na  cabeza dos maiores e, por suposto , nas bibliotecas.
Candelaria é unha bibliotecaria un tanto  estrafalaria pero é  a que máis sabe de contos sorprendentes, ás veces soña co París dos surrealistas pois namorou dun dos seus lemas “máis xogar e menos pensar”. Outras, soña con ser o Alicia e levar un sombreiro tolo…
Unha brincandeira inolvidable entre libros!

 

A biblioteca realizou estas actividades grazas ao programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

Compartir