Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Un total de 14 equipos participan no Torneo de Baloncesto 3×3 de Redondela

– Será mañá sábado 31 de agosto, desde as 10.00 ata as 21.00 horas. O concelleiro de Deportes, Iván Valles, anima á veciñanza a achegarse a este evento, que será “moi dinámico” e que busca “promover o deporte ao aire libre e o ocio saudable entre a mocidade”.

O sábado, 31 de agosto, o Skatepark de de Redondela acolle un Torneo de Baloncesto 3×3 coa participación de 14 equipos. A cita, organizada polo Concello de Redondela coa colaboración do Club de Baloncesto Redondela, contará cuns 60 participantes. Os partidos disputaranse ao longo de todo día, desde as 10.00 ata as 21.00 horas, aproximadamente. O concelleiro de Deportes, Iván Valles, presentou esta mañá o torneo xunto a Raúl Berdomás, Lucas Camiño, Pablo Domínguez e Iván Vilas, organizadores desta cita deportiva, aos que agradeceu a súa colaboración. Valles anima á veciñanza a achegarse a este evento, que será “moi dinámico” e que busca “promover o deporte ao aire libre e o ocio saudable entre a mocidade”.

O baloncesto 3×3 é unha modalidade do baloncesto que se xoga nunha soa canastra e con tres xogadores por equipo. Trátase dunha disciplina deportiva en constante crecemento e popularidade en todo o mundo, especialmente desde que se impulsaron as competicións oficiais internacionais, así como a súa inclusión nos Xogos Olímpicos.

No Torneo de Balocesto 3×3 de Redondela haberá dous premios en metálico, con 300 euros para o equipo gañador e 100 euros para o segundo clasificado.

Compartir