Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Unha nova visita na Biblioteca Xela Arias: o alumnado de 1º e 2º do Colexio Vigo

 

A Biblioteca Xela Arias de Chapela remata esta semana as visitas dos centros de ensino. Este luns tocoulle ao alumnado de 1º e 2º de primaria do Colexio Vigo.

Entre xogos e contos, repasaron obras icónicas da pintura abstracta e a súa importancia na historia da arte.

Ademáis, nunha segunda parte da visita, exploraron a súa propia creatividade:
– Dunha banda démoslle espazo ao traballo co trazo e a liña, para potenciar a súa sensibilidade e expresar as súas emocións.
– Doutra, exploramos coa mancha de cor como detonante para crear formas e figuras.

Pasámolo en grande con estes xeniais artistas.

Grazas pola vosa inspiración!

 

 

Compartir