Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

O Concello de Redondela respalda a veciñanza de Vilar presentando alegacións ao plan dos parques empresariais de Louredo

Este parque empresarial impulsado pola Xunta de Galicia non contempla un plan para evitar o impacto negativo que poden causar ó medio ambiente, o paisaxe e o patrimonio de Redondela. O Concello de Redondela, Digna Rivas, asegurou hoxe que presentará alegacións os plans de construcción dos parques empresariais de Louredo e Ameal. Esixe un estudo, motivado pola cercanía aos núcleos de poboación e ao dano que pode causar no medio ambiente. Segundo Rivas, “as obras deben contar con medidas de protección para minorizar os impactos así como franxas de protección para non repercutir nos núcleos rurais de Vilar-Iglesia e Millarada”.

O Concello de Redondela, polo tanto, reclama “un estudo de planeamento para os parques empresariais de Louredo e Ameal, clasificado como Solo Non Urbanizable de Protección de Monte e Paisaxe”. Tal e como está plantexada a obra afectaría a máis de 200 especies de animais e plantas que viven na contorna. O patrimonio cultural de Redondela tamén se vería afectado, “danando elementos tan importantes como a Mámoa dos Valos ou a paisaxe do Tramo do Camiño Portugués de Santiago”.

O proxecto recibiu informes negativos da demarcación de Estradas do Estado, que informou en contra do acceso desde a N-550 pola alta densidade de tráfico que soporta esta vía. Así mesmo a Deputación de Pontevedra emitiu informe desfavorable en relación ao acceso dende a estrada provincial, así como polas dificultades engadidas polo viaduto elevado sobre o río e o risco de inundacións que supoñen. “Se considera necesario un estudio de trafico (actual e previsións futuras), que permita ter en conta a idoneidade dos accesos expostos no plan sectorial o a toma en consideración de novos viais que se deben planear no deseño dos novos parques”, denuncia Rivas.

A estrada Provincial EP-2906, pola que se pretende dotar de acceso ao Parque Empresarial, e coincidente co trazado do Tramo do Camiño Portugués a Santiago. A sección da Vía, corresponde a dúas beirarrúas con plataforma única de 6,20 m (3,10 m por carril), con circulación a ambos sentidos. Non se considera unha vía apta para o transito de trafico pesado, de transporte de mercadorías, necesario para abastecer ao futuro novo polígono Actualmente, a rede de saneamento existente do Concello de Redondela (Núcleo de Vilar, Igrexa e Os Valos) e demais lugares da contorna verten cara o EDAR de Redondela. Esta estación ao igual que a estación de Guillarei “está no limite da súa capacidade operativa, e anque no estudio non se tivo en conta esta posibilidade, non sería factible a vertedura das augas residuais do novo polígono cara o EDAR de Redondela, para o seu tratamento”, denuncia a rexidora que considera “imprescindible” un estudo das infraestruturas de abastecemento e saneamento.

“O goberno socialista de Digna Rivas e o Concello de Redondela únese as denuncias da veciñanza, para unha vez máis defender o patrimonio esquencido pola Xunta de Galicia”, conclúe a alcaldesa.

Compartir