Na mañá de onte, a sala infantil da Biblioteca Valle-Inclán de Redondela encheuse de ledicia, de cores e de moita arte.
Coma outros anos, a Escola Infantil Carrusel achegou aos seus cativos á biblioteca para que a coñeceran e descubriran aquel lugar máxico onde hai moitos libro, e onde, tamén, as palabras dos libros voan para se converter en voz.
A nosa compañeira Mª José compartiu con eles a arte e a maxia de contos onde os protagonistas eran o mundo da pintura, das artes e das cores.
O público asistente, cativos e cativas de 2 e 3 anos, portouse fenomenal, e amosounos as súas dotes artísticas compoñendo entre todos un mural. Gozaron da palabra contada, da sorpresa e da inspiración artística que lles presentou a biblioteca, pero sobre todo, da sensación de encher as súas pequenas mans de pintura e compoñer con ela as súa interpretación artísticas do mundo.
Grazas a Carrusel, un ano máis, pola súa visita.
Agardámosvos sempre na vosa biblioteca amiga!