Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Voamos libres no Piñeiral do Crego, co contacontos da biblioteca Xela Arias

ImagenNoDisponible

Este xoves, 30 de xuño, a Biblioteca Xela Arias vestiuse de gala para participar na programación do noso Concello para festexar o Día LGTBIQ+ .

O artista Manuel Solla, de Os Carballiños, achegouse ata o parque do Piñeiral do Crego para ofrecernos un divertido e moi tenro contacontos: “Voando libres”.

Nenos, nenas e adultos divertímonos con este contacontos cheo de maxia e xogos, onde con contos como “Conrado, o tiburón desdentado” ou “O día da ra vermella”, compartimos unha mensaxe arredor da tolerancia, a aceptación do diferente, e de inclusión, desbotando aqueles clixés que nos limitan e oprimen.

 

 

Compartir