As Bibliotecas Municipais de Redondela, coa colaboración de Patricia Rigüela, animadora sociocultural no Concello de Redondela, sumámonos ao Día Internacional do Autocoidado.
Dende hoxe e ata o luns que vén compartiremos 5 suxestións, consellos para que todos nos coidemos mellor.
1- Tí es o teu punto de partida: quérete
«Quérete. Coñécete máis e mellor:
Coñecerse a unha mesma /a un mesmo asemella un emotivo viaxe, que che permite unha vida máis plena e chea de relacións, respecto e agarimo.
Unha tarefa apaixoante que pasa por aprender sobre as túas fortalezas e feblezas, queréndoas e aceptándoas.
▪️ Ninguén pode coñecerte mellor ca ti.
▪️ Respéctate e respecta os teus límites.
▪️ Pasa tempo contigo.
▪️ Respira conscientemente.
▪️ Se podes, medita.
▪️ Practica a atención plena.”
LECTURAS RECOMENDADAS:
– DR. MARIO ALONSO PUIG: Reinventarse, tu segunda oportunidad. Plataforma Ed.
– RAQUEL DÍAZ REGUERA: Yo voy conmigo. Thule.
FOTOGRAFÍA: Bibliotecas Municipais de Redondela – Paseo da Xunqueira.

2- ́ ( )
Unha actividade imprescindible para o noso equilibrio é facer exercicio físico, en calquera modalidade.

Móvete, camiña, explora

Relaciónate coa natureza

Elixe unha actividade agradable e axeitada

Sé constante

E, se é posible, faino en compañía… ou en grupo!

Entrar en contacto coa Natureza fai que a vida sexa moito mais fermosa, moito mais real.

Fai algo todos os días que sexa amoroso co teu corpo e che dea a oportunidade de experimentar e gozar coas súas sensacións.

O teu corpo é o teu compañeiro de vida: escóitao, aténdeo e cóidao.
LECTURAS RECOMENDADAS:
– : . . .
– : . . .

FOTOGRAFÍA: Bibliotecas Municipais de Redondela – Peregrinos en Redondela.
3- Alimenta o teu espírito (le, escribe, crea)
Goza da lectura e, tamén, achégate á escritura.

«Os libros ensináronme a pensar e o pensamento fíxome libre» (Ricardo León y Román).

Esperta a curiosidade que hai en tí

Explora a túa creatividade

Conecta coa paixón

Atrévete a imaxinar

Non importa se non está perfecto, só déixate levar.

Goza do proceso e da aprendizaxe, e non te esixas co resultado.
Ler asemella unha viaxe.
Un libro pode emocionarnos, conmover, revolver e facer que nos cuestionemos. Pode transformar a nosa visión do mundo.

«Escribir é a maneira máis profunda de ler a vida» (Francisco Umbral).

LECTURAS RECOMENDADAS:

FOTOGRAFÍA: Biblioteca Valle-Inclán de Redondela.

4- Nutríndose da vida (alimentación saudable)

«Saber comer é saber vivir» (Confucio).

Aliméntate de forma sa e equilibrada

Come despacio e con atención

Goza de comer en compañía. A comida compartida sabe mellor.

Cociña. Goza da elaboración dos alimentos. Sorprende a outros.

E se probas a cultivar os teus alimentos?

«Qué a comida sexa o teu alimento, e o alimento a túa mediciña» (Hipocrates).

Somos persoas afortunadas aquelas que crecemos alimentándonos da comida feita polas nosas avoas, avós, nais ou pais. Comida feita a lume lento e co ingrediente máis importante, que é o amor.

A cultura xaponesa ten unha palabra moi fermosa que se emprega antes de comezar a comer:
«itadakimasu”. A súa tradución é: «Grazas pola semente, grazas pola persoa que plantou esa semente, grazas pola persoa que a recolleu, grazas pola persoa que a transportou, grazas á persoa que a vendeu, grazas á persoa que a cociñou, grazas ao alimento, Grazas á persoa que a serviu».

É moi importante o qué comemos pero aínda máis como o comemos.

LECTURAS RECOMENDADAS:
– 𝐌𝐀𝐑𝐈́𝐀 𝐂𝐎𝐑𝐁𝐀𝐂𝐇𝐎, 𝐄𝐍𝐑𝐈𝐐𝐔𝐄 𝐋𝐎́𝐏𝐄𝐙:
𝐕𝐢𝐝𝐚 𝐬𝐚!. 𝐇𝐞́𝐫𝐜𝐮𝐥𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐄𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨𝐧𝐞𝐬.

FOTOGRAFÍA: Biblioteca Valle-Inclán de Redondela: Mercado de Redondela.

5- Relacionándonos
As relacións son unha parte moi importante das nosas vidas.
👥Coas persoas, co entorno e tamén con nós mesmos. As relacións de parella, familiares, as amizades. Todas requiren atención, adicación e coidado.
👥Unha relación sa e construtiva parte sempre da honestidade cun mesmo, que revirte na honestidade cos demáis.
▪️ Practica a empatía, a escoita e a comprensión.
▪️ Relaciónate desde a asertividade.
▪️ Confía en tí: no que fas e no que dis, e acepta que tamén podes equivocarte.
▪️ Comunica máis e mellor o que precisas, o que pensas e o que queres: ninguén pode adiviñalo.
▪️ Recoñece os teus erros e acéptaos con naturalidade. Acepta tamén os erros das outras persoas.
▪️ Se amable e apóiate nos bos modais.
▪️ Coida os detalles.
▪️ Respecta sempre.
🔸 «A verdadeira amizade é como a fosforescencia, resplandece mellor cando todo escurece» (Rabindranath Tagore).
🔸 «O vencello que une a túa auténtica familia non é de sangue, senon de respecto e alegría mutua» (Richard Bach)
🔸 «Amor é darlle ao outro a posibilidade de que sea a persoa que é e non a que os demáis agardan que sexa» (Roy Galán).
🌱LECTURAS RECOMENDADAS:
– 𝑴𝑨𝑹𝑻𝑨 𝑴𝑨𝑹𝑻𝑰́𝑵𝑬𝒁 𝑵𝑶𝑽𝑶𝑨: 𝑸𝒖𝒆 𝒔𝒆𝒂 𝒂𝒎𝒐𝒓 𝒅𝒆𝒍 𝒃𝒖𝒆𝒏𝒐. 𝑬𝒅. 𝒁𝒆𝒏𝒊𝒕𝒉.
– 𝑳𝑼𝑪𝒀 𝑴𝑨𝑼𝑫 𝑴𝑶𝑵𝑻𝑮𝑶𝑴𝑬𝑹𝒀: 𝑽𝒂𝒍𝒂𝒏𝒄𝒚 𝑺𝒕𝒊𝒓𝒍𝒊𝒏𝒈 𝒐 𝑬𝒍 𝑪𝒂𝒔𝒕𝒊𝒍𝒍𝒐 𝑨𝒛𝒖𝒍. 𝑫𝒆𝒑𝒐𝒄𝒂 𝑬𝒅𝒊𝒕𝒐𝒓𝒊𝒂𝒍.