As Bibliotecas Municipais de Redondela, coa colaboración de Patricia Rigüela, animadora sociocultural no Concello de Redondela, sumámonos ao Día Internacional do Autocoidado.
Dende hoxe e ata o luns que vén compartiremos 5 suxestións, consellos para que todos nos coidemos mellor.
1- Tí es o teu punto de partida: quérete
«Quérete. Coñécete máis e mellor:
Coñecerse a unha mesma /a un mesmo asemella un emotivo viaxe, que che permite unha vida máis plena e chea de relacións, respecto e agarimo.
Unha tarefa apaixoante que pasa por aprender sobre as túas fortalezas e feblezas, queréndoas e aceptándoas.
▪️ Ninguén pode coñecerte mellor ca ti.
▪️ Respéctate e respecta os teus límites.
▪️ Pasa tempo contigo.
▪️ Respira conscientemente.
▪️ Se podes, medita.
▪️ Practica a atención plena.”
 LECTURAS RECOMENDADAS:
LECTURAS RECOMENDADAS:
– DR. MARIO ALONSO PUIG: Reinventarse, tu segunda oportunidad. Plataforma Ed.
– RAQUEL DÍAZ REGUERA: Yo voy conmigo. Thule.
 FOTOGRAFÍA: Bibliotecas Municipais de Redondela – Paseo da Xunqueira.
FOTOGRAFÍA: Bibliotecas Municipais de Redondela – Paseo da Xunqueira.

2- ́ ( )
 Móvete, camiña, explora
 Móvete, camiña, explora Relaciónate coa natureza
 Relaciónate coa natureza Elixe unha actividade agradable e axeitada
 Elixe unha actividade agradable e axeitada Sé constante
 Sé constante E, se é posible, faino en compañía… ou en grupo!
 E, se é posible, faino en compañía… ou en grupo! Entrar en contacto coa Natureza fai que a vida sexa moito mais fermosa, moito mais real.
 Entrar en contacto coa Natureza fai que a vida sexa moito mais fermosa, moito mais real. Fai algo todos os días que sexa amoroso co teu corpo e che dea a oportunidade de experimentar e gozar coas súas sensacións.
 Fai algo todos os días que sexa amoroso co teu corpo e che dea a oportunidade de experimentar e gozar coas súas sensacións. O teu corpo é o teu compañeiro de vida: escóitao, aténdeo e cóidao.
 O teu corpo é o teu compañeiro de vida: escóitao, aténdeo e cóidao. LECTURAS RECOMENDADAS:
LECTURAS RECOMENDADAS: FOTOGRAFÍA: Bibliotecas Municipais de Redondela – Peregrinos en Redondela.
FOTOGRAFÍA: Bibliotecas Municipais de Redondela – Peregrinos en Redondela.
3- Alimenta o teu espírito (le, escribe, crea)
 «Os libros ensináronme a pensar e o pensamento fíxome libre» (Ricardo León y Román).
 «Os libros ensináronme a pensar e o pensamento fíxome libre» (Ricardo León y Román). Esperta a curiosidade que hai en tí
 Esperta a curiosidade que hai en tí Explora a túa creatividade
 Explora a túa creatividade Conecta coa paixón
 Conecta coa paixón Atrévete a imaxinar
 Atrévete a imaxinar Non importa se non está perfecto, só déixate levar.
 Non importa se non está perfecto, só déixate levar. Goza do proceso e da aprendizaxe, e non te esixas co resultado.
 Goza do proceso e da aprendizaxe, e non te esixas co resultado. «Escribir é a maneira máis profunda de ler a vida» (Francisco Umbral).
 «Escribir é a maneira máis profunda de ler a vida» (Francisco Umbral). FOTOGRAFÍA: Biblioteca Valle-Inclán de Redondela.
FOTOGRAFÍA: Biblioteca Valle-Inclán de Redondela.
4- Nutríndose da vida (alimentación saudable)
 «Saber comer é saber vivir» (Confucio).
 «Saber comer é saber vivir» (Confucio). Aliméntate de forma sa e equilibrada
 Aliméntate de forma sa e equilibrada Come despacio e con atención
 Come despacio e con atención Goza de comer en compañía. A comida compartida sabe mellor.
 Goza de comer en compañía. A comida compartida sabe mellor. Cociña. Goza da elaboración dos alimentos. Sorprende a outros.
 Cociña. Goza da elaboración dos alimentos. Sorprende a outros. E se probas a cultivar os teus alimentos?
 E se probas a cultivar os teus alimentos? «Qué a comida sexa o teu alimento, e o alimento a túa mediciña» (Hipocrates).
 «Qué a comida sexa o teu alimento, e o alimento a túa mediciña» (Hipocrates). Somos persoas afortunadas aquelas que crecemos alimentándonos da comida feita polas nosas avoas, avós, nais ou pais. Comida feita a lume lento e co ingrediente máis importante, que é o amor.
 Somos persoas afortunadas aquelas que crecemos alimentándonos da comida feita polas nosas avoas, avós, nais ou pais. Comida feita a lume lento e co ingrediente máis importante, que é o amor. A cultura xaponesa ten unha palabra moi fermosa que se emprega antes de comezar a comer: «itadakimasu”. A súa tradución é: «Grazas pola semente, grazas pola persoa que plantou esa semente, grazas pola persoa que a recolleu, grazas pola persoa que a transportou, grazas á persoa que a vendeu, grazas á persoa que a cociñou, grazas ao alimento, Grazas á persoa que a serviu».
 A cultura xaponesa ten unha palabra moi fermosa que se emprega antes de comezar a comer: «itadakimasu”. A súa tradución é: «Grazas pola semente, grazas pola persoa que plantou esa semente, grazas pola persoa que a recolleu, grazas pola persoa que a transportou, grazas á persoa que a vendeu, grazas á persoa que a cociñou, grazas ao alimento, Grazas á persoa que a serviu». É moi importante o qué comemos pero aínda máis como o comemos.
 É moi importante o qué comemos pero aínda máis como o comemos. LECTURAS RECOMENDADAS:
LECTURAS RECOMENDADAS: FOTOGRAFÍA: Biblioteca Valle-Inclán de Redondela: Mercado de Redondela.
FOTOGRAFÍA: Biblioteca Valle-Inclán de Redondela: Mercado de Redondela.
5- Relacionándonos
As relacións son unha parte moi importante das nosas vidas.
👥Coas persoas, co entorno e tamén con nós mesmos. As relacións de parella, familiares, as amizades. Todas requiren atención, adicación e coidado.
👥Unha relación sa e construtiva parte sempre da honestidade cun mesmo, que revirte na honestidade cos demáis.
▪️ Practica a empatía, a escoita e a comprensión.
▪️ Relaciónate desde a asertividade.
▪️ Confía en tí: no que fas e no que dis, e acepta que tamén podes equivocarte.
▪️ Comunica máis e mellor o que precisas, o que pensas e o que queres: ninguén pode adiviñalo.
▪️ Recoñece os teus erros e acéptaos con naturalidade. Acepta tamén os erros das outras persoas.
▪️ Se amable e apóiate nos bos modais.
▪️ Coida os detalles.
▪️ Respecta sempre.
🔸 «A verdadeira amizade é como a fosforescencia, resplandece mellor cando todo escurece» (Rabindranath Tagore).
🔸 «O vencello que une a túa auténtica familia non é de sangue, senon de respecto e alegría mutua» (Richard Bach)
🔸 «Amor é darlle ao outro a posibilidade de que sea a persoa que é e non a que os demáis agardan que sexa» (Roy Galán).
🌱LECTURAS RECOMENDADAS:
– 𝑴𝑨𝑹𝑻𝑨 𝑴𝑨𝑹𝑻𝑰́𝑵𝑬𝒁 𝑵𝑶𝑽𝑶𝑨: 𝑸𝒖𝒆 𝒔𝒆𝒂 𝒂𝒎𝒐𝒓 𝒅𝒆𝒍 𝒃𝒖𝒆𝒏𝒐. 𝑬𝒅. 𝒁𝒆𝒏𝒊𝒕𝒉.
– 𝑳𝑼𝑪𝒀 𝑴𝑨𝑼𝑫 𝑴𝑶𝑵𝑻𝑮𝑶𝑴𝑬𝑹𝒀: 𝑽𝒂𝒍𝒂𝒏𝒄𝒚 𝑺𝒕𝒊𝒓𝒍𝒊𝒏𝒈 𝒐 𝑬𝒍 𝑪𝒂𝒔𝒕𝒊𝒍𝒍𝒐 𝑨𝒛𝒖𝒍. 𝑫𝒆𝒑𝒐𝒄𝒂 𝑬𝒅𝒊𝒕𝒐𝒓𝒊𝒂𝒍.
 ES
 ES		 GL
 GL         
								 
															 
				 
				