Co obxecto de reivindicar o labor e o legado das mulleres que escribiron ao longo da historia as Bibliotecas Municipais de Redondela unímonos, un ano máis, á celebración do Día das Escritoras. Unha efeméride que se conmemorou o pasado luns, 14 de outubro, seguindo o lema escollido para este ano: “A periferia da periferia: mulleres que miraron ao mundo rural”.
As bibliotecas municipais volvemos festexar esta celebración nas ondas da Radio Municipal e, neste 2024, moi ben acompañados coas bibliotecas dos centros de ensino superior do noso concello.
Neste marco realizáronse lecturas de diferentes textos que foron grabadas polos equipos das bibliotecas dos centros e mais polo seu alumnado, e que foron emitidas desde as ondas de Radio Redondela.
Os centros que participaron foron:
Así como o persoal das bibliotecas municipais, que tamén participaron facendo as súas lecturas.
- Aquí vos deixamos a ligazón a cada emisión:
–Presentación do “Día das Escritoras” na sección #LiteraturanasOndas de Radio Redondela
–Lectura desde a Biblioteca do IES Pedro Floriani (Promethea, Ada, Noa e Sandra)
–Lectura desde a Biblioteca do IES Mendiño (Antía, Aroa, Carlota, Iria e Marta )
–Lectura desde a Biblioteca do IES Illa de San Simón ( Paula, Mateo, Catarina e Martín)
–Lectura desde a Biblioteca do IES Chapela (María, Paz, Olga e Sonia )
–Lectura desde as Bibliotecas Municipais de Redondela (Mª Elena, Cote e Mª José)
- Na prensa e outros lugares: