Bibliotecas
As Bibliotecas do Concello de Redondela son un servizo público básico que ten como finalidade ofrecerlle á cidadanía, en condicións de igualdade, gratuidade e continuidade, o acceso a un conxunto organizado de fondos bibliográficos e recursos informativos que posibilitan a información, a educación e a cultura.
Contacta Redondela
- Laborais - Sala de Adultos de 9:00 a 14:00 horas
- Laborais - Sala Infantil/Xuvenil de 10:30 a 13:30 horas
- Laborais - Sala de Estudo de 8:15 a 14:15 e de 16:15 a 21:45 horas
- Sábados e Domingos - Sala de Estudo de 10:15 a 13:45 e de 16:15 a 21:30 horas
- 986 401 561
- bibliotecaredondela@redondela.gal
- P. º da Xunqueira s/n, 36800 Redondela, Pontevedra
Contacta Chapela
- Laborais de 9:00 a 14:00 horas
- 986 454 226
- bibliotecachapela@redondela.gal
- Camiño do Piñeiral, 22, 36320 Chapela (Redondela), Pontevedra
- Novas
- Axenda
- Descargas
O ex-responsable de Dereitos de Autor da Editorial Xerais, Siro Iglesias Izquierdo, ven de doar a súa colección bibliográfica á Biblioteca Xela Arias de Chapela.
Histórico da empresa, chegando a ser o seu traballador máis veterano, Siro Iglesias deixa atrás a editorial despois de máis de 40 anos de dedicación á mesma. Catro décadas cheas de lecturas, libros e anécdotas no seu haber que se iniciaron grazas ao seu contacto coa poeta Xela Arias, que lle introduciu na mesma, a que sempre foi para el unha amiga e compañeira.
Antes de chegar o verán Siro achegouse ao noso centro para facernos a proposta: «A miña colección de Xerais gustaríame que recadara na Biblioteca Xela Arias» e, cun sorriso engadiu: «o meu legado literario irá así a parar á biblioteca que leva o nome desta gran muller».
A partir destes días a biblioteca catalogará e clasificará esta doazón, composta por 5 caixas repletas de libros deste selo de todo tipo: narrativa, ensaio, teatro, poesía ou libro infantil e xuvenil; e que converterán a nosa colección nun dos fondos máis completos de Xerais das bibliotecas públicas galegas.
Unha doazón que nos enche de orgullo, ledicia e agradecemento, e que será de grande utilidade para os nosos lectores e lectoras.
A xubilación de Siro Iglesias recollida nas novas de Faro de Vigo.
There is no Event
Biblioterapia: Libros recomendados
Catálogo
O Catálogo das bibliotecas de Redondela está incluído no catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (rbgalicia). Desde el pódese buscar calquera tipo de documento (libros, material gráfico, audiovisuais, gravacións sonoras etc.)/ etc.) tanto das bibliotecas de Redondela como de calquera outra biblioteca incorporada a esta Rede.
Novidades
As listas do catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia son seleccións de documentos dese catálogo, son unha forma de gardar unha colección de contidos sobre un tema concreto ou para un fin determinado. Como usuarios tamén podedes crear vosa propia lista.
A continuación deixámosche os ligazóns aos creados coas novidades das nosas biblioteca. Desta maneira, poderá acceder facilmente ás últimas incorporacións de documentos a noso/o seu fondo.
- Bibliotecas Municipais de Redondela: Cómic (desde 2023)
- Biblioteca Valle-Inclán Redondela: Ficción Adultos/Xóvenes adultos 2024
- Biblioteca Valle-Inclán Redondela: Non Ficción 2024
- Biblioteca Valle-Inclán Redondela: Infantil/Xuvenil 2024
- Biblioteca Xela Arias Chapela: Adultos/Xóvenes adultos 2024
- Biblioteca Xela Arias Chapela: Non Ficción 2024
- Biblioteca Xela Arias Chapela: Infantil/Xuvenil 2024
- Bibliotecas Municipais Redondela: Fondo local
- Bibliotecas Municipais de Redondela: Biblioterapia
GALICIA LE é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten como obxectivo facilitar o acceso á cultura a todos os cidadáns.
GaliciaLe ofrece un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital sobre diversas temáticas no que os intereses de todos os lectores terán o seu espazo (ficción, informática, historia, lecer etc.)/ etc.) e todas as idades terán o seu lugar.
En GaliciaLe atoparás dous catálogos: un que contén o "Catálogo Galego" e outro que aloxa o «Catálogo Castelán». As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visualizarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e computadores persoais. No caso dos libros, tamén poderás facelo desde un lector de libros electrónicos.
Para acceder a GaliciaLe necesitas:
- Ser usuario con tarxeta dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Se non a tes, podes acudir á biblioteca pública máis próxima que forme parte desta Rede e solicitar a túa tarxeta.
- Dispoñer dun dispositivo compatible (tableta, computador persoal, lector de libros electrónicos, teléfono móbil etc.)/ etc.) e unha conta de correo electrónico.
Novo servizo GaliciaLe+: As persoas de fóra de Galicia poderán facer uso do préstamo dixital en galego a través desta plataforma, rexistrándose previamente neste enlace. Rexistrarse en GaliciaLe+
App da Rede de Bibliotecas de Galicia
Servizos
Espazo Persoal
Para acceder á túa conta de usuario da Rede de Bibliotecas de Galicia:
- Ir á web: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal
- O acceso é no cadro da dereita: «Inicia sesión na túa conta»
- Usuario: o seu número de tarxeta da biblioteca.
- Contrasinal: Se non ten unha, elixa «Esqueceu o seu contrasinal» e siga as instrucións.
Vostede será capaz de:
- Renova os teus préstamos.
- Reserva un documento que se toma prestado.
- Realizar unha solicitude á biblioteca.
- Etiquete as súas lecturas.
- Consulta os teus préstamos.
- Etc.
Pregunte: As bibliotecas responden
Servizo de información pública a través de Internet, que se ofrece de forma gratuíta e que ten como obxectivo satisfacer as necesidades e intereses informativos de todos os cidadáns.
Ofrecido por bibliotecas de diferentes Comunidades Autónomas e coordinado pola Dirección Xeral do Libro e Promoción da Lectura, do Ministerio de Cultura e Deporte, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria.
Xestionado de forma cooperativa por máis de 40 bibliotecas e atendido mediante un sistema de quendas para que, aínda que accedas a través da túa biblioteca habitual, a túa consulta poida ser respondida por calquera outra biblioteca participante no proxecto.
Permite aos usuarios consultar as bibliotecas participantes a través de dous métodos: correo electrónico (24 horas ao día, 365 días ao ano) e chat (días laborables en horario de atención ao usuario).
Punto de Investigación Redondela na Historia
Esta rede consta de tres puntos de acceso:
- Arquivo documental e arquivo audiovisual do Concello de Redondela :
Casa do Concello – r/ Alfonso XII, 2 – Redondela
Teléfono: 986 400 300
E-mail: arquivo@redondela.gal - Biblioteca Municipal de Valle-Inclán de Redondela .
- Biblioteca Municipal Xela Arias de Chapela .
O acceso á hemeroteca Faro de Vigo realízase en liña, desde computadores habilitados nas propias instalacións do arquivo e nas bibliotecas municipais. O acceso é gratuíto, pero deberá solicitar a súa consulta nestes servizos, e deixar constancia dela nun formulario breve, para que o Concello poida avaliar o uso deste recurso.
A procura dentro desta base de datos permite, grazas ao OCR ( Recoñecemento Ópticos de Caracteres), filtrar todos os números do xornal informativo por termos específicos, pero tamén por datas.
O persoal das bibliotecas e máis do arquivo guiará e asesorará ás persoas interesadas á hora de navegar e mergullar pola historia desde o ano 1853 (nacemento do xornal) ata a actualidade.
Documentos : Os documentos administrativos xerados e recibidos polo Concello de Redondela desde 1848 ata a actualidade, ordenados e clasificados no Arquivo Municipal.
Fotografías : Fondos audiovisuais dixitalizados, cedidos polo barrio. Coleccións privadas de fotografías de paisaxes e xentes de Redondela. No Arquivo Municipal e no seu blog.
Fondo bibliográfico local : Fondos en diferentes medios que tratan do noso municipio e a súa xente, obras de autores locais e obras impresas na localidade. Nas bibliotecas do Concello (Redondela e Chapela).
Con estas fontes de información ao dispor da cidadanía, o Concello de Redondela pretende completar a visión do noso Pobo de Redondela, indagar, investigar ou simplemente vincularnos e achegarnos desta maneira ao noso pasado.
Biblioterapia
O Proxecto:
Está impulsado pola Axencia para o Coñecemento en Saúde e a Consellería de Saúde da Xunta de Galicia, coa colaboración da Rede Galega de Bibliotecas, colexios profesionais e sociedades científicas, asociacións de pacientes e expertos en saúde e literatura e a colaboración e financiamento de Lundbeck.