Conservatorio
O Conservatorio do Concello de Redondela encárgase de impartir clases relacionadas coas artes: clases de música, clases de canto e clases de danza.
Contacta
- 986 403 876
- oficina.conservatorio@redondela.gal
- conservatorio@redondela.gal
- Santa Mariña, 15, 36800 Redondela, Pontevedra
- Laborais de 16:00-22:00 horas
- Novas
- Axenda
- Descargas
Elisa Arias, directora do Conservatorio Municipal de Redondela, foi elixida Coordinadora de Galicia da Rede de Escolas da UNESCO, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura. O CMUS Víctor Ureña de Redondela forma parte desta rede desde o ano 2019, sendo o único conservatorio municipal de Galicia que participa nesta iniciativa de Nacións Unidas.
A Rede de Escolas Asociadas da UNESCO é unha comunidade educativa de máis de 12.000 escolas repartidas polos cinco continentes. O colectivo acolle centros de diferentes niveis de ensino, tanto escolas de Infantil, Primaria e Secundaria, como de Bacharelato, Formación Profesional, Conservatorios de Música, aulas de Cetros Penitenciarios ou Facultades de Ciencias da Educación, entre outras. En España hai actualmente 260 escolas adheridas a esta rede, 17 delas en Galicia.
Todas as Escolas da Rede promoven os valores da UNESCO e da Carta das Nacións Unidas: os dereitos fundamentais e a dignidade humana, a paz, a igualdade de xénero, o progreso social, a liberdade, a xustiza e a democracia, o respecto pola diversidade e a cooperación e solidariedade internacionais.
A asemblea das escolas da UNESCO de Galicia, que elixiu a Elisa Arias como coordinadora por unanimidade, considerou que a directora do conservatorio redondelán tiña “o perfil idóneo” para dirixir as escolas galegas. A asemblea valorou a súa dilatada experiencia na xestión de centros, a súa colaboración en todas as iniciativas propostas na folla de ruta anual da Rede de Escolas e o seu papel como coordinadora en obradoiros de música. Resalta tamén desde a asemblea galega as súas cualidades humanas, como “traballadora incansable, creativa, implicada e defensora da igualdade”.
Luisa Márquez, coordinadora estatal da Rede de Escolas da UNESCO, salientou o tamén “o gran traballo” de Elisa Arias desde o conservatorio de Redondela coa composición do himno que acompaña ao proxecto “Desplastifícate” e a implicación da súa banda de saxos na difusión do tema “Camiños de ida e volta” creado por José Pérez Arias.
Desde o Concello de Redondela, o concelleiro de Ensino Iván Valles, felicitou a Arias por esta designación que supón “un orgullo para toda a cidadanía de Redondela”.
A Orquestra de Saxos de Redondela, do conservatorio municipal, ofrece o próximo luns 1 de xaneiro o seu Concerto de Aninovo 2024. Os máis de 40 membros desta formación musical interpretarán os tradicionais valses de Strauss, polcas e outros temas clásicos. O auditorio da Xunqueira, ás 19.00 horas, transformarase así nunha especie de Gran Teatro de Viena. Baixo a dirección de Elisa Arias, a orquestra, con músicos e músicas de 8 anos en diante, ofrecerá unha gala ao estilo das que se celebran en moitas das grandes cidades europeas. Trátase da terceira edición deste concerto de Aninovo, e desde o Conservatorio Municipal confían en que se consolide como unha das citas tradicionais de Nadal no calendario de concertos redondelán. Arias explica que se trata dun concerto “familiar e para todos os públicos” no que gozar das pezas clásicas de Aninovo nun ambiente festivo. Concerto con entrada de balde ata completar o aforo.
There is no Event
Impreso de preinscrición Grao Elemental
Impreso de preinscrición Grao Elemental
Impreso de preinscrición Escola de Música
Horarios de asignaturas 23/24 – Escuela de Música
- 1
- 2
Secretaría
Impresos:
- Impreso de INSCRICIÓN completado.
- Impreso de AUTORIZACIÓN DE DEREITOS DE IMAXE completado.
- Comprobante de pago da taxa correspondente. Pago a través da Oficina Virtual Tributaria.
- No caso de pago fraccionado, formulario de DOMICILIACIÓN BANCARIA cumprimentado.
- Impreso de INSCRICIÓN completado.
- Impreso de AUTORIZACIÓN DE DEREITOS DE IMAXE completado.
- Comprobante de pago da taxa correspondente. Pago a través da Oficina Virtual Tributaria.
- No caso de pago fraccionado, formulario de DOMICILIACIÓN BANCARIA cumprimentado.
- Impreso de INSCRICIÓN completado.
- Formulario de AUTORIZACIÓN DE DEREITOS DE IMAXE completado.
- Comprobante de pago da taxa correspondente. Pago a través da Oficina Virtual Tributaria.
- No caso de pago fraccionado, formulario de DOMICILIACIÓN BANCARIA cumprimentado.
- Impreso de INSCRICIÓN completado.
- Impreso de AUTORIZACIÓN DE DEREITOS DE IMAXE completado.
- Comprobante de pago da taxa correspondente. Pago a través da Oficina Virtual Tributaria.
- No caso de pago fraccionado, formulario de DOMICILIACIÓN BANCARIA cumprimentado.
Matriculación:
Na oficina administrativa do conservatorio.
A documentación debidamente cumprimentada enviarase ao correo electrónico oficina.conservatorio@redondela.gal
- Formulario de INSCRICIÓN completado.
- Formulario de AUTORIZACIÓN DE DEREITOS DE IMAXE completado.
- Comprobante de pago da taxa correspondente. Pago a través da Oficina Virtual Tributaria.
- No caso de pago fraccionado, formulario de DIRECCIÓN BANCARIA cumprimentado.