DESENVOLVEMENTO LOCAL - EMPREGO (AEDL)
A área de Desenvolvemento Local do Concello de Redondela encárgase de organizar e promover a estabilidade laboral no traballo e a inserción destas persoas desempregadas do municipio no mercado laboral.
Contacta
- 986 402 664
- aedl@redondela.gal
- Paseo do Pexegueiro, 6, 36800 Redondela, Pontevedra
- Laborais 9:00-14:00 horas
- Novas
- Axenda
- Descargas
– O Programa Integrado de Emprego de Redondela selecciona a un total de 100 persoas en paro para un plan de formación dun ano con clases teóricas e prácticas, orientación e asesoramento, formación en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de busca de traballo e fomento da capacidade emprendedora, entre outras cuestións.
– O martes día 26 celebrarase unha reunión informativa ás 10.00 horas no Centro de Formación A Marisma para menores de 30 anos que estean interesadas en participar. Os únicos requisitos para poder participar no programa son estar inscrito como demandante de emprego e estar empadroado no Concello de Redondela.
O Concello de Redondela pon en marcha un novo Programa Integrado de Emprego cunha duración inicial dun ano. O programa ten como obxectivo acadar o 45% de inserción laboral doa participantes. A iniciativa céntrase en promover a inserción laboral e a mellora da ocupabilidade de 100 demandantes de emprego de Redondela. Está dirixido a persoas desempregadas, con prazas reservadas para diferentes colectivos. A día de hoxe quedan prazas vacantes para persoas desempregadas menores de 30 anos de idade. O vindeiro martes, día 26, celebrarase unha reunión informativa ás 10.00 horas no Centro de Formación A Marisma, ao lado da piscina municipal, aberta a todas as persoas que desexen participar. Os únicos requisitos para poder participar no programa son estar inscrito como demandante de emprego e estar empadroado no Concello de Redondela.
Ao longo dos meses que dura o programa os participantes reciben orientación e asesoramento, formación en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de busca de traballo e fomento da capacidade emprendedora, entre outras cuestións. A formación práctica está tamén moi presente, con prácticas profesionais non laborais en empresas. Ademais os demandantes de emprego participantes reciben ofertas de traballo emparelladas especificamente co seu perfil.
O programa conta con medidas de conciliación da vida laboral e familiar, e todas as persoas que participen terán dereito a unha bolsa de 10 euros por día de asistencia. As persoas interesadas poden informarse no Centro de Formación A Marisma, no paseo do Pexegueiro, 6, nos teléfonos de contacto 986 40 83 88 e 604 035 909 ou a través do enderezo electrónico per@redondela.gal. Tamén poden facelo na Oficina de emprego de Redondela do Servizo Público de Emprego de Galicia que lles corresponda, solicitándolle na súa demanda o servizo de «Programas Experimentais (930)».
O programa está financiado pola Consellería Emprego, Comercio e Emigración cunha subvención de 220.000 euros e co cofinanciamento do Concello de Redondela cunha achega de 36.000 euros.
O Centro de Formación da Marisma, ao lado da piscina municipal, acolle o vindeiro martes día 19 unha xornada informativa para dar a coñecer o Programa Integrado de Emprego do Concello de Redondela. Este programa está dirixido a persoas en situación de desemprego e conta con 100 prazas dispoñibles. Só hai dous requisitos para poder participar: estar inscrito/a como demandante de emprego e estar empadroado/a no Concello de Redondela. A xornada comezará ás 10.00 horas e os asistentes deberán a súa vida laboral actualizada, demanda de emprego (DARDE) e currículum vitae.
O programa, cunha duración inicial dun ano, ten como obxectivo acadar o 45% de inserción laboral doa participantes. A iniciativa céntrase en promover a inserción laboral e a mellora da ocupabilidade de 100 demandantes de emprego de Redondela. Está dirixido a persoas desempregadas, con prazas reservadas especialmente para parados con discapacidade, persoas e risco de exclusión social, menores de 30 anos con ou sen cualificación, maiores de 45 anos, persoas desempregadas perceptoras de prestacións e subsidios e mulleres en paro.
Ao longo dos meses que dura o programa os participantes reciben orientación e asesoramento, formación en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de busca de traballo e fomento da capacidade emprendedora, entre outras cuestións. A formación práctica está tamén moi presente, con prácticas profesionais non laborais en empresas. Ademais os demandantes de emprego reciben ofertas de traballo emparelladas co seu perfil. Todas as persoas que participen no programa terán dereito a percibir unha bolsa de 10 euros por día de asistencia ás accións do programa.
As persoas interesadas poden solicitar toda a información no Centro de Formación A Marisma, no paseo do Pexegueiro, 6, nos teléfonos de contacto 986 40 83 88 e 604 035 909 ou a través do enderezo electrónico per@redondela.gal. Tamén poden facelo na Oficina de emprego de Redondela do Servizo Público de Emprego de Galicia que lles corresponda, solicitándolle na súa demanda o servizo de «Programas Experimentais (930)».
O programa está financiado pola Consellería Emprego, Comercio e Emigración cunha subvención de 220.000 euros e co cofinanciamento do Concello de Redondela cunha achega de 36.000 euros.
– O programa integrado de emprego de Redondela selecciona a 100 persoas en paro para un plan de formación dun ano de duración con clases teóricas e prácticas co obxectivo de acadar o 45% de inserción laboral doa participantes
– Os participantes reciben orientación e asesoramento, formación en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de busca de traballo e fomento da capacidade emprendedora, entre outras cuestións. A formación práctica está tamén moi presente, con prácticas profesionais non laborais en empresas.
O Concello de Redondela, un ano máis, pon en marcha un novo Programa integrado de Emprego. O programa, cunha duración inicial dun ano, ten como obxectivo acadar o 45% de inserción laboral doa participantes. A iniciativa céntrase en promover a inserción laboral e a mellora da ocupabilidade de 100 demandantes de emprego de Redondela. Está dirixido a persoas desempregadas, con prazas reservadas especialmente para parados con discapacidade, persoas e risco de exclusión social, menores de 30 anos con ou sen cualificación, maiores de 45 anos, persoas desempregadas perceptoras de prestacións e subsidios e mulleres en paro.
Ao longo dos meses que dura o programa os participantes reciben orientación e asesoramento, formación en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de busca de traballo e fomento da capacidade emprendedora, entre outras cuestións. A formación práctica está tamén moi presente, con prácticas profesionais non laborais en empresas. Ademais os demandantes de emprego reciben ofertas de traballo emparelladas co seu perfil. Todas as persoas que participen no programa terán dereito a percibir unha bolsa de 10 euros por día de asistencia ás accións do programa.
As persoas interesadas poden informarse no Centro de Formación A Marisma, no paseo do Pexegueiro, 6, nos teléfonos de contacto 986 40 83 88 e 604 035 909 ou a través do enderezo electrónico per@redondela.gal. Tamén poden facelo na Oficina de emprego de Redondela do Servizo Público de Emprego de Galicia que lles corresponda, solicitándolle na súa demanda o servizo de «Programas Experimentais (930)».
O programa está financiado pola Consellería Emprego, Comercio e Emigración cunha subvención de 220.000 euros e co cofinanciamento do Concello de Redondela cunha achega de 36.000 euros.
There is no Event
Programa integrado de emprego do Concello de Redondela 2019/20
Talleres de Emprego
É un programa mixto de formación e emprego, público e gratuíto, promovido polo Concello e cofinanciado pola Xunta de Galicia, dirixido a mellorar a ocupabilidad das persoas desempregadas, en actividades de utilidade pública ou interese social.
As persoas desempregadas participantes nun taller de emprego reciben unha formación suxeita a certificados de profesionalidade combinada coa experiencia laboral realizando unha obra de utilidade pública ou interese social.
Persoas desempregadas e rexistradas no Servizo Público de Emprego de Galicia que teñan unha idade igual ou superior aos 18 anos.
Entre seis e nove meses.
As persoas interesadas deben indicalo na súa oficina de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.
Rede de Técnicos de Emprego
É un servizo público e gratuito de asesoramento e información, subvencionado en parte pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Pretende potenciar as iniciativas empresariais no Concello que orixinen novos postos de traballo.
- Detección de oportunidades de negocio e investigación das posibilidades de desenvolvemento económico do territorio
- Asesoramento e apoio para a creación de empresas:
- Información sobre axudas e liñas de financiamento para os emprendedores.
- Asesoramento e apoio para a creación de empresas:
- - Análise da idea inicial e información.
- - Apoio na elaboración do proxecto empresarial.
- .
Dirixido ás persoas que teñen unha iniciativa empresarial e queren crear unha empresa no Concello
O servizo de asesoramento a emprendedores/as do Concello de Redondela está en funcionamento todo o ano con cita previa.
REDONDELA EMPREGA
Bolsa Municipal De Emprego
Para inscricións novas na BOLSA MUNICIPAL DE EMPREGO:
- Deberán contactar por teléfono 986402664 ou por mail aedl@redondela.gal
- para concretar a forma de inscrición. Priorizarase a inscrición de forma telemática.
Para actualizacións de cv na BOLSA MUNICIPAL DE EMPREGO:
- Enviarase o cv actualizado, en pdf, ao mail: aedl@redondela.gal
- Para outras consultas: 986402664 ( De 9:00 a 14:00 horas)
É un servizo municipal, público e gratuíto de busca activa de emprego.
A.- Para as persoas desempregadas:
- Rexistro das persoas demandantes na bolsa de emprego, despois de manter unha entrevista na que se detecten as súas condicións de ocupabilidade
- Información sobre distintos aspectos relacionados co emprego.
- Tramitación de ofertas de emprego
- Recollida no taboleiro do servizo de boletins de emprego, convocatórias públicas relacionados con políticas activas de emprego, etc..
B.- Para as empresas:
- Preselección de candidatos/as para ofertas de emprego.
- Prácticas Formativas: posta a disposición de persoas axustadas ao perfil demandado para a realización de prácticas non laborais na propia empresa, coa posibilidade de que se inserten laboralmente.
Dirixido ás persoas empadroadas que buscan emprego ou queren mellorar a súa situación profesional.
Dirixido ás empresas que buscan candidatos para os seus postos de traballo.
Para inscricións: Solicitarase cita previa, ben presencialmente nas instalacións, ben telefonicamente 986402664 ou por email aedl@redondela.gal
Para modificacións, lunes a viernes de 9:00 a 14:00 horas na oficina ou no enderezo electrónico aedl@redondela.gal
PLAN DE EMPREGO DO CONCELLO DE REDONDELA
É un servizo municipal, público e gratuíto que pon en marcha a Concellería de Desenvolvemento Local do Concello de Redondela subvencionado en parte pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia.
Consiste na selección dun grupo de persoas desempregadas que participarán de forma activa nun proceso de capacitación e busca do seu propio emprego.
O Plan Integrado de Emprego, a través de diferentes medidas, promove a estabilidade laboral no traballo e a inserción das persoas desempregadas do municipio no mercado laboral.
Para esta labor, diferentes áreas traballan dunha forma coordinada e integral.
A.- Para as persoas desempregadas:
Orientación laboral ás persoas usuarias:
- Atención personalizada.
- Elaboración da diagnose de ocupabilidade.
- Deseño de itinerarios personalizados de inserción.
- Accións grupais de desenvolvemento persoal, novas tecnoloxías da información e comunicación, formación para o emprego e técnicas activas de busca de emprego.
- Asesoramento e apoio na busca activa de emprego por conta propia e por conta allea
Formación:
- Inserción laboral orientado ás empresas do noso entorno.
- Coñecemento das necesidades de persoal do tecido empresarial.
- Axustar a formación das persoas participantes no PER ás necesidades das empresas.
- Creación dunha rede estable de interrelación entre o concello e as empresas
- Tramitación de ofertas de emprego
- Realización de Convenios de Colaboración en prácticas
- Remisión de autocandidaturas.
B.- Para as empresas:
Preselección de candidatos/as para ofertas de emprego.
Formación Específica: accións de formación a medida, negociada directamente coas empresas e financiada polo Plan Integral de Emprego sempre que exista un compromiso de contratación
Prácticas Formativas: posta a disposición de persoas axustadas ao perfil demandado para a realización de prácticas non laborais na propia empresa, coa posibilidade de que se inserten laboralmente.
Información e Asesoramento: apoio e información sobre as subvencións e incentivos á contratación e de todas as medidas de fomento de emprego.
Este plan oriéntase a un grupo de persoas desempregadas que estean dispostas a implicarse dunha forma activa nun proceso de capacitación e busca de emprego derivadas do Servizo Público de Emprego de Galicia.
Depende das convocatorias anuais da Consellería de Economía, Emprego e Industria
As persoas interesadas deben indicalo na súa oficina de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.