Emerxencias (protección civil)
A área de Emerxencias do Concello de Redondela encárgase de dar resposta ás emerxencias que xorden.
Contacta
- 986 400 006 (emerxencias)
- 986 401 002 (protección civil)
- emerxencias@redondela.gal
- proteccioncivil@redondela.gal
- xefaturaproteccioncivil@redondela.gal
- Subida á estación, S/N. 36800 Redondela
- Todos os días as 24 horas
- Novas
- Descargas
– Un grupo de voluntarios de Protección Civil parten esta tarde cara Valencia con máis de 2.000 quilos de axuda. A alcaldesa explica que o envío está a coordinarse cos policías de Redondela desprazados na zona “xa que a situación alí é de colapso e son os nosos axentes os que xestionaron a onde trasladar as doazóns”.
– Rivas agradeceu aos axentes da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil “o seu traballo e entrega” e tamén “a axuda do pobo redondelán e das empresas Autos González e Autos Brea que unha vez máis son un gran exemplo de solidariedade”.
Un grupo de voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Redondela desprazaranse esta tarde a Valencia para axudar en tarefas de limpeza, seguridade e apoio na zona afectada pola DANA. Nos últimos días recolleron multitude de doazóns no Multiúsos da Xunqueira de alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene, material de limpeza e roupa que serán trasladados a Valencia. Son máis de 2.000 quilos de axuda os que van trasladar a Valencia nun vehículo de Protección Civil e dous furgóns cedidos por Autos González e Autos Brea.
Esta axuda súmase á que desde o pasado luns prestan na zona cinco Policías Locais de Redondela, e que tamén levaron alimentos e enseres de primeira necesidade que foran doados pola veciñanza. Os axentes a traballar na localidade de Benetússer en tarefas de limpeza e vixilancia grazas a un convenio coa Generalitat Valenciana.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Interior, Rita Pérez Táboas, supervisaron o material que se vai enviar esta tarde a Levante. Rivas explica que o envío está a coordinarse cos policías de Redondela desprazados na zona, “xa que a situación alí é de colapso e son os nosos axentes os que xestionaron a onde trasladar as doazóns”. Rivas explica que desde o Concello non se envíou a axuda ata o de agora “para ter claro a onde podía trasladarse o material e en que condicións”. Rivas agradeceu aos axentes da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil “o seu traballo e entrega” e tamén “a axuda do pobo redondelán e das empresas Autos González e Autos Brea que unha vez máis son un gran exemplo de solidariedade”.
Unha avaría nun cadro eléctrico provocou un incendio nun edificio do Camiño Leitón, en Chapela. O suceso produciuse na tarde de onte, ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local, Bombeiros de Vigo e Protección Civil de Redondela. Foi necesario desaloxar o inmoble pola gran cantidade de fume que se estendera por todo o inmoble. Afortunadamente non se rexistraron danos persoais. Ata o lugar desprazáronse tamén a alcaldesa, Digna Rivas, e varios concelleiros do goberno local para interesarse pola situación dos veciños afectados e ofrecerlles unha alternativa de realoxo. Finalmente todos pasaron a noite en domicilios de familiares.
Alertados polo 112 Galicia, axentes da Policía Local de Redondela acudiron esta madrugada, arredor das 04.30 horas, a un incendio declarado no interior dun establecemento da Avenida de Vigo, na parroquia de Chapela. Afortunadamente só houbo que lamentar danos materiais no establecemento. O edificio donde se atopa o local tamén foi desaxolado pola Policía Local por precaución, debido a abundante fumareda existente no inmoble. No lugar interviron tamén os bombeiros do Baixo Miño e de emerxencias Mos, así como tamén aaxentes da Policía Nacional.