Cultura
A área de Cultura do Concello de Redondela encárgase de organizar e contratar as actuacións culturais do municipio e dinamizar os grupos e actividades da zona.
Contacta
- 986 400 300
- cultura@redondela.gal
- ritaperez@redondela.gal
- Rúa Alfonso XII, 2, 36800 Redondela, Pontevedra
- Responsable María Rita Pérez Táboas
- Martes y Jueves de 9:30 a 13:30 horas
- Novas
- Axenda
- Descargas
– A actividade celebrouse esta semana, con tres saídas. Os veciños e veciñas desfrutaron dunha xornada completa de lecer e convivencia que incluíu visitas guiadas polo patrimonio cultural, histórico e natural destas vilas coruñesas. As próximas excursións serán ao Carballiño no mes de outubro.
– A alcaldesa, Digna Rivas, destaca que nestas viaxes as persoas maiores “optan a actividades de calidade para o seu tempo de lecer, unha boa oportunidade para que desfruten, convivan e descubran lugares de gran interese cultural e patrimonial”.
O Concello de Redondela celebrou esta semana tres excursións para os maiores do municipio. Nesta ocasión tiveron como destino as vilas de Noia e A Pobra do Caramiñal. Un total de 480 veciños e veciñas participan nesta iniciativa de convivencia e lecer, programada en tres xornadas consecutivas (martes, mércores e xoves) para distribuír os grupos e garantir a comodidade dos asistentes.
Os participantes puideron desfrutar dunha completa visita guiada polo casco histórico de Noia, declarado Conxunto Histórico-Artístico. Coñecida tradicionalmente como a “pequena Compostela”, a vila ofrece un viaxe no tempo grazas ao seu pasado medieval. As Igrexas de San Martiño (S. XV) e Sta María a Nova, o Museo de Laudas, a Casa do Concello e o Museo de Carpintería de Ribeira son algúns dos puntos de interese que percorren. Na Pobra do Caramiñal achéganse, entre outros lugares, á Casa Museo de Valle-Inclán.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, destacou a importancia destas viaxes: “Os nosos maiores merecen propostas de calidade para o seu lecer e estas excursións son unha oportunidade para que desfruten, compartan momentos xuntos e descubran novos lugares de gran interese cultural e patrimonial”. Rivas amosou tamén a súa satisfacción pola “excelente acollida” que ten sempre esta convocatoria entre a veciñanza.
Pola súa banda, a concelleira de Maiores, Iria Vilaboa, incidiu nos beneficios que aporta o programa aos participantes: “O noso obxectivo é promover un envellecemento activo e saudable. As viaxes non só ofrecen cultura e turismo, senón que fomentan a socialización e as relacións entre persoas das distintas parroquias”. Vilaboa anunciou que está a preparar xa as próximas excursións que serán “en outubro con destino ao Carballiño”.
O programa “Redondela descubre” ofrece este ano máis de 1.800 prazas. As viaxes realízanse en temporada baixa cun prezo reducido “para facilitar que todas as persoas que o desexen poidan participar” e contan sempre con guías oficiais. Desde o Concello de Redondela agradecen a colaboración dos municipios que visitan “onde nos reciben cos brazos abertos e facilitan as visitas aos lugares de interese desde as súas oficinas de información turística”.




Almudena Bouzón, Digna Rivas, Rita Pérez e Ana Gesteira co manuscrito.
– Os documentos foron doados por un veciño de Vigo con antepasados na parroquia do Viso. Trátase dun acordo entre o Conde de San Román e o presbítero Dionisio de Amoedo polo alugueiro de terras. Os textos foron dixitalizados e transcritos para a súa consulta pública.
– A alcaldesa, Digna Rivas, destaca o orgullo que supón custodiar este patrimonio “que é parte da nosa historia.” Grazas a esta doazón “un patrimonio que estaba gardado nun ámbito privado pasa a ser público e de todos os redondeláns e redondelás”.
– O gran traballo do Arquivo redondelán foi recoñecido polo Ministerio de Cultura, que escolleu ao departamento para participar na Comisión Técnica de Arquivos de Administracións Locais.
O Arquivo Municipal de Redondela conta cun novo documento histórico. Trátase do orixinal máis antigo dos seus fondos. Trátase dunha escritura foral do ano 1733 que foi cedida por un veciño de Vigo con raíces familiares no municipio, quen localizou os textos entre a documentación legada polos seus antepasados.
Ao comprobar que os manuscritos facían referencia expresa á parroquia do Viso e entendendo o seu valor histórico, este cidadán —que desexa permanecer no anonimato— púxose en contacto coa concelleira de Cultura, Rita Pérez, e coa responsable do Arquivo Municipal, Ana Gesteira. Tras avaliar o extraordinario interese dos textos para a conservación e difusión do patrimonio local, o Concello e o doador formalizaron o acordo de cesión para que sexa custodiado correctamente.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, amosou o seu profundo agradecemento por este xesto cidadán e sinalou que “recibir un documento de tanta relevancia é unha honra e unha enorme responsabilidade histórica para o noso Concello. Estes textos son a proba das nosas raíces e da nosa identidade como pobo. Grazas a esta doazón, un patrimonio que estaba gardado nun ámbito privado pasa a ser públicos e de todos os redondeláns e redondelás”.
Un pacto por corenta ducados e un carro de leña
O texto principal é un contrato foral manuscrito asinado por D. Pedro Miranda Omaña e Osorio, Conde de San Román de Soutoxuste (O Viso), e o presbítero Dionisio de Amoedo, cura da feligresía de Santiago de Arcade. A través deste documento, o conde acordaba co párroco e cos seus futuros descendentes o aluguer dunha serie de propiedades a cambio do pago anual de corenta ducados de moeda de vellón e a entrega dun carro de leña semanal. O texto detalla minuciosamente todas as casuísticas do contrato, estipulando por exemplo que a data de pago anual debía ser o día de San Martiño.
Dixitalizado e transcrito. Grazas a que o Arquivo conta co apoio de Almudena Bouzón, bolseira especialista en Historia Medieval, procedeuse á transcrición dos textos. Deste xeito a cidadanía e os investigadores teñen xa á súa disposición tanto a copia dixital das escrituras orixinais como a súa correspondente transcrición en texto moderno.
O Ministerio de Cultura elixe a Redondela para a Comisión Técnica de Arquivos
Esta histórica incorporación ao arquivo coincide cun momento de gran recoñecemento institucional para o departamento. O Ministerio de Cultura elixiu a responsable do Arquivo de Redondela, Ana Gesteira Ponce, para representar aos arquivos municipais na nova Comisión Técnica de Arquivos de Administración Local (CTAAL). Xunto co arquivo de Lugo é o único representante de Galicia neste órgano, creado para valorar e mellorar a situación dos arquivos de municipios e deputacións. Para o Concello de Redondela é unha honra que o seu Arquivo fose elixido de entre moitos, “o que demostra que o traballo realizado neste departamento municipal serve de referente máis alá das fronteiras da vila”.


O alumnado do curso pasado estreou as súas obras no auditorio da Xunqueira.
– O Obradoiro de Interpretación comezará en outubro e, ademais de formar ao alumnado en artes escénicas e a comunicación. Establécense tres grupos segundo a idade dos participantes. O primeiro comprende á rapazada de 10 a 12 anos, o xuvenil de entre 13 e 17, e o de adultos de 18 anos en diante. O prazo de inscrición está aberto ata o 30 de setembro e as prazas son limitadas.
Concello de Redondela organiza para o curso 2026/27 un novo Obradoiro de Interpretación, unha actividade dirixida ao público a partires dos 12 anos de idade. A concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez Táboas, explica que este obradoiro, ademais de formar ao alumnado nas artes escénicas e a comunicación, serve tamén como un lugar de encontro, creación e intercambio xeracional.
No obradoiro estableceranse tres grupos. O primeiro comprende á rapazada de 10 a 12 anos, con clases os martes de 17.00 a 18.30 horas. O grupo de interpretación xuvenil, para adolescentes de entre 13 e 17, terá clase os mércores de 19.00 a 20.30 horas, e o de adultos a partir dos 18 anos será os mércores de 17.00 a 18.30 horas. As clases comezarán en outubro no Multiúsos da Xunqueira.
Os participantes prepararán pezas teatrais que representarán a final de curso. Pérez Táboas anima a toda a veciñanza a inscribirse nunha actividade
A participación nesta actividade ten un custo de 79,50 euros para todo o curso, desde outubro de 2026 ata maio de 2027. O obxectivo do Concello é “ofrecer unha actividade cultural de calidade que sea accesible para toda a veciñanza, xa que o prezo non chega aos 10 euros mensuais”, sinala a concelleira Pérez Táboas.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de setembro. Os interesados poderán facelo no rexistro do Concello ou a través da páxina www.redondela.gal. Para máis información poden dirixirse ao enderezo electrónico concello@redondela.gal ou ao teléfono 986 400 300. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición.


42.28920666503232, -8.612197998750498
Redondela, Pontevedra 36800 Spain

Paseo da Xunqueira, s/n
Redondela, Pontevedra 36800

Programa das Festas da Coca 2025
- 1
- 2