O alumnado do curso pasado estreou as súas obras no auditorio da Xunqueira.
– O Obradoiro de Interpretación comezará en outubro e, ademais de formar ao alumnado en artes escénicas e a comunicación. Establécense tres grupos segundo a idade dos participantes. O primeiro comprende á rapazada de 10 a 12 anos, o xuvenil de entre 13 e 17, e o de adultos de 18 anos en diante. O prazo de inscrición está aberto ata o 30 de setembro e as prazas son limitadas.
Concello de Redondela organiza para o curso 2026/27 un novo Obradoiro de Interpretación, unha actividade dirixida ao público a partires dos 12 anos de idade. A concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez Táboas, explica que este obradoiro, ademais de formar ao alumnado nas artes escénicas e a comunicación, serve tamén como un lugar de encontro, creación e intercambio xeracional.
No obradoiro estableceranse tres grupos. O primeiro comprende á rapazada de 10 a 12 anos, con clases os martes de 17.00 a 18.30 horas. O grupo de interpretación xuvenil, para adolescentes de entre 13 e 17, terá clase os mércores de 19.00 a 20.30 horas, e o de adultos a partir dos 18 anos será os mércores de 17.00 a 18.30 horas. As clases comezarán en outubro no Multiúsos da Xunqueira.
Os participantes prepararán pezas teatrais que representarán a final de curso. Pérez Táboas anima a toda a veciñanza a inscribirse nunha actividade
A participación nesta actividade ten un custo de 79,50 euros para todo o curso, desde outubro de 2026 ata maio de 2027. O obxectivo do Concello é “ofrecer unha actividade cultural de calidade que sea accesible para toda a veciñanza, xa que o prezo non chega aos 10 euros mensuais”, sinala a concelleira Pérez Táboas.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de setembro. Os interesados poderán facelo no rexistro do Concello ou a través da páxina www.redondela.gal. Para máis información poden dirixirse ao enderezo electrónico concello@redondela.gal ou ao teléfono 986 400 300. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición.
