Skip to main content

Concello de Redondela

“Tropa creativa”: volve o club infantil das bibliotecas municipais

As bibliotecas municipais de Redondela renovan o club infantil Tropa Creativa.

Volve esta reunión mensual de rapaces e rapazas da nosa contorna, para aprender e divertirse arredor da historia da arte, as lecturas e os traballos manuais.

  • Reunións mensuais. Un martes de cada mes.
  • Horario: de 18:00 a 19:30 h.
  • Idades: entre 8 e 12 anos.
  • Na Biblioteca Xela Arias de Chapela.
  • Coordinadora do club: Noa L. Lorenzo.

 

Xa podedes anotarvos ou renovar a vosa inscrición se xa participastes o pasado curso.

A primeira das xuntanzas desta temporada será:

  • MARTES 20 de outubro, de 18:00 a 19:30 h.

 

Tropa Creativa é un espazo de xuntanza, aprendizaxe e diversión. Unídevos contactando coa biblioteca:

BIBLIOTECA XELA ARIAS DE CHAPELA

  • ☎️986-454-226
  • 📫bibliotecachapela@redondela.gal

Compartir