Skip to main content

Concello de Redondela

Normalización Lingüística

A área de Normalización Lingüística do Concello de Redondela encárgase de promover e dar soporte técnico ao proceso de extensión do uso da lingua galega.

Contacta

– O Concello celebrará o Día Nacional de Galicia os días 24 e 25 de xullo cunha ampla programación que ofrece música tradicional e grandes concertos gratuítos en Redondela e Chapela. A celebración arrancará na Praza da Torre cos grupos de música e baile tradicional de Redondela, e trasladarase o sábado ao Paseo Marítimo de Chapela coas actuacións de De Vacas, Dakidarría e Hugo GZ.

O Concello de Redondela presenta a programación oficial completa para conmemorar o Día Nacional de Galicia. As actividades estenderanse durante dúas xornadas consecutivas, combinando os actos tradicionais en Redondela cos grandes concertos de música galega no Paseo Marítimo de Chapela. A alcaldesa, Digna Rivas, destacou a relevancia desta programación “que pon en valor o orgullo pola nosa cultura, a nosa lingua e a nosa identidade a través de propostas musicais diversas e de calidade”. A rexedora subliñou ademais a importancia de descentralizar as celebracións: “Apostamos coma sempre por estender a celebración a Chapela cun gran cartel musical o día 25, garantindo que a veciñanza poida gozar dunha programación de calidade en diferentes espazos de encontro do noso concello”.

A programación arrancará o venres 24 de xullo na Praza da Torre co acto institucional ás 20:30 horas, seguido das actuacións folclóricas dos grupos redondeláns Anaquiños, Froles Mareliñas, Airiños de San Simón e O Carballo das Cen Pólas.

O sábado 25 de xullo o epicentro da festa trasladarase a Chapela cun potente cartel de entrada libre que se prolongará ata a madrugada. Os concertos do 25 de xullo no Paseo Marítimo de Chapela comezarán ás 20:30 con Noiteson, aos que continuarán De Vacas, Dakidarría e Hugo GZ.

“Este ano temos unha programación moi ambiciosa coa que garantimos dúas xornadas de celebración de gran calidade cos mellores grupos de música e baile tradicional de Redondela e grandes artistas do panorama galego”, apunta Rivas. Dende o Concello convídase a toda a veciñanza e visitantes a participar activamente nestas dúas xornadas de festa colectiva.

Parte da programación está financiada polo programa +Música da Deputación de Pontevedra.

A Deputación de Pontevedra recoñeceu, un ano máis, o traballo feito dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela. A axuda concedida a este servizo municipal acada a cifra de 20 625€ –a máxima cantidade posible– co obxectivo do reforzo e mantemento do SNL. A concelleira de Normalización e alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, sinalou “a importancia da colaboración en materia lingüística coa Deputación e a necesidade de avanzar en medidas de apoio á normalización”. Esta axuda, indicou, “contribuirá a continuar en proxectos ambiciosos como a Semaniña Enteira ou os traballos de microtoponimia".

A alcaldesa redondelá reiterou o papel pioneiro de Redondela  en materia de normalización lingüística “Fomos un dos primeiros concellos de Galicia en apostar polo noso idioma e seguimos tratando de abrir novos camiños que sexan ademais útiles para outros municipios do país.”
– O Servizo de Normalización Lingüística do Concello organiza nos colexios do municipio un total de 10 sesións de contos musicados e ilustrados baixo o título “As legras de Begoña”, a cargo do “Colectivo Xurelo”.
– A alcaldesa, Digna Rivas, destacou o formato “visual e dinámico” dos contos con ilustracións e música en directo, o que fai que a actividade sexa “moi atractiva para nenos e nenas”. Hoxe comezaron nos CEIP Outeiro das Penas e Porto Cabeiro, e continuarán nos vindeiros días no resto de centros.

As actividades programadas polo Concello de Redondela co gallo do Día das Letras Galegas continúan en marcha co obxectivo de dar a coñecer a vida e a obra de Begoña Caamaño, a autora homenaxeada este ano. Con este propósito, o Servizo de Normalización Lingüística que dirixe a alcaldesa, Digna Rivas, organiza un ciclo de contacontos musicados e ilustrados que percorrerá os centros educativos do municipio.

As sesións corren a cargo de “Colectivo Xurelo”, grupo herdeiro de “Polo Correo do Vento”. O programa arrancou hoxe mesmo coas primeiras citas no CEIP Outeiro das Penas (Cesantes) e no CEP de Porto Cabeiro. A alcaldesa e o concelleiro de Ensino, Alberto Álvarez, compartiron a xornada co alumnado. En total, levaranse a cabo 10 sesións repartidas polas distintas escolas de Educación Infantil e Primaria do municipio e chegarán a máis de 250 nenos e nenas. As sesións están deseñadas cun formato moi visual e dinámico. “A combinación de narración oral, ilustración en vivo e música en directo fai que a actividade sexa moi atractiva para os nenos e nenas”.

Esta campaña serve como un complemento ideal á programación didáctica realizada previamente nas escolas. Nenos e nenas fixeron co profesorado un traballo de investigación sobre Begoña Caamaño antes da celebración das Legras Galegas, “e demostraron ter moitos coñecementos sobre a autora e tamén sobre o que significa a celebración do 17 de maio”, destacou Rivas. Isto permítelles seguir con moita máis facilidade as funcións de “Colectivo Xurelo”, que achega datos biográficos e literarios logrando así un reforzo lúdico dos seus coñecementos sobre Begoña Caamaño.

Agosto 2026
Ago 29
29 Agosto 2026
Museo Meirande,
Fábrica do Alemán Lugar de Rande s/n (Rande)
Redondela, Pontevedra 36800 Spain
Ago 29
29 Agosto 2026
Museo Meirande,
Fábrica do Alemán Lugar de Rande s/n (Rande)
Redondela, Pontevedra 36800 Spain

Normalización Lingüística

    O Concello de Redondela é pioneiro da normalización da lingua galega. Un proceso que constitúe unha protección, divulgación e impulso da riqueza cultural máis importante de Galicia. Redondela constituíu o Servizo de Normalización Lingüística no ano 1982; por tanto, un ano antes de que o Parlamento galego aprobase a Lei de normalización. Por este motivo, Redondela situouse como un referente para toda Galicia. Esta decidida e valente, iniciativa valeulle distintos recoñecementos, como o Premio da Crítica de Galicia ou o Pedrón de Ouro. A lingua galega converteuse nun motivo de especial orgullo para a cidadanía redondelana. Porque a causa do idioma é unha causa común. Pero coñezamos un pouco desta historia.

    Nacemento e devir do galego

    O galego é unha lingua romance. Formouse cara ao final do século VIII a partir dun substrato celta e dos superestratos xermánicos (suevos, visigodos), tendo como base o latín. No léxico quedaron mostras, actualmente vivas, de linguas anteriores á chegada dos romanos. Por exemplo, carqueixa, queiruga, touza, labio, lágrima, rodaballo… Na toponimia temos numerosos exemplos: Viascón, Bergantiños, O Grove… ou nos nomes de ríos: Sar, Navia, Landro…

    O período medieval (X-XV) foi luminoso para Galicia grazas ao poder relixioso, nobiliario e cultural. De testemuño quedaron os códices coa lírica medieval galega, as coleccións de documentos xurídicos ou textos escritos por monarcas, como o Rei Afonso X O Sabio, autor das “Cantigas de loor de Santa María”.

    Por causa das vicisitudes sociopolíticas (independencia do sur de Galicia, que deu orixe a Portugal; guerras civís; revoltas irmandiñas; interveción dos Reis Católicos…) o galego foi perdendo o seu status en favor do castelán, que axiña se impuxo como única lingua na escrita malia que a poboación falase galego.

    Ao longo dos anos produciuse tamén un cambio sociolingüístico posto que as clases pudentes adoptaron o castelán como marca fronte ao galego, identificada coas clases baixas. A isto sumóuselle unha política de expulsión do galego da documentación, de castelanización da toponimia (Sanjenjo, Rianjo, Mugía…) ou incluso de modificación nos apelidos (Otero por Outeiro, Seijas por Seixas, Molinos por Muíños…).

    O galego mantívose sempre como lingua oral. Devagar xurdiron voces que reivindicaron a súa dignificación (Conde de Gondomar, Padre Feijóo, frei Martín Sarmiento…). Será co Rexurdimento (S. XIX) cuando comience un proceso continuado de recuperación en la escritura.

    O galego mantívose sempre como lingua oral. Devagar xurdiron voces que reivindicaron a súa dignificación (Conde de Gondomar, Padre Feijóo, frei Martín Sarmiento…). Será co Rexurdimento (S. XIX) cando comece un proceso continuado de recuperación na escrita e que terá o momento álxido coa fundación da Real Academia Galega en 1906.

    No pasado século a conciencia lingüística avanzou. En 1916 naceron as Irmandades da Fala ue tiñan por bandeira a lingua como elemento central da identidade galega. Dende entón iniciouse a demanda da cooficialidade que chegaría coa aprobación do Estatuto Galego en 1936. Pero a guerra civil impediu que se puxese en marcha.

    A ditadura franquista expulsou o galego da vida oficial, agás no ámbito da cultura. Esta tería un papel central na recuperación da conciencia lingüística. A mediados dos 60 apareceron numerosas asociacións culturais en cidades e vilas que impulsaron o galego con distintas iniciativas.

    Tamén o movemento político e sindical antifranquista foi incorporando o uso do galego. Hoxe é a lingua oficial de todos os sindicatos agrarios e obreiros e da maioría das forzas políticas con representación institucional. Tras a aprobación do Estatuto de Autonomía (1981), que supuxo a cooficialidade do galego e que foi definida como “a lingua propia de Galicia”, comezou a incorporación a todos os ámbitos dos que fora expulsado ao longo dos séculos.

    Redondela impulsa el Gallego

    O Concello de Redondela foi o primeiro en ofrecer en galego todo tipo de formularios en galego, en sinalizacións viarias, na rotulación das dependencias municipais… Ademais organizou os primeiros cursos de linguaxe administrativa para o funcionariado e cursos de para a veciñanza.

    Mais a iniciativa de Redondela foi máis alá do municipio. A mediados dos 80 reclama ás autoridades responsables a incorporación do galego á guía telefónica, ao transporte aéreo e ferroviario (Aviaco e Renfe), ás empresas públicas… Organiza xornadas sobre modelos de normalización traendo a responsables de Euskadi e Catalunya, lanza unha campaña de grande éxito titulada “Sinte Galicia, fala o teu idioma” na cal participan rostros moi populares nese tempo (Camilo José Cela ou Pepe Domingo Castaño).

    Un momento histórico foi a sentenza ditada en galego o 27 de marzo de 1985 pola Audiencia Territorial da Coruña tras 500 anos de proscrición. O promovente fora o Concello de Redondela.

    Outras propostas, sempre recibidas con entusiasmo polo pobo redondelán, foron logo copiadas noutros municipios (por exemplo, Redondela foi o primeiro consistorio que puxo o nome de “Casa do Concello”) ou se manteñen vivas até hoxe (por exemplo, o premio de narrativa Eduardo Blanco Amor).

    Na actualidade, o galego conta coa máxima protección a nivel legal dentro do municipio: é a lingua oficial, existe unha ordenanza de uso, mantense o SNL como departamento autónomomo… Pero a realidade sociolingüística galega é adversa á vista dos datos da ruptura na transmisión interxeracional.

    En todo caso, Redondela foi e segue sendo un modelo lingüístico referente para toda Galicia. Esta é tarefa compartida entra a Administración e a sociedade. Redondela é un exemplo. Unha proba é a recollida, conservación e promoción da microtoponimia, coa creación dunha web esepcífica que podedes consultar na seguinte ligazón: Toponimia de Redondela.

     

    De interese...

    FACEBOOK

    BLOG

    Compartir