Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Conservatorio

O Conservatorio do Concello de Redondela encárgase de impartir clases relacionadas coas artes: clases de música, clases de canto e clases de danza.

Contacta

A Orquestra de Saxos de Redondela, do conservatorio municipal, ofrece o próximo luns 1 de xaneiro o seu Concerto de Aninovo 2024. Os máis de 40 membros desta formación musical interpretarán os tradicionais valses de Strauss, polcas e outros temas clásicos. O auditorio da Xunqueira, ás 19.00 horas, transformarase así nunha especie de Gran Teatro de Viena. Baixo a dirección de Elisa Arias, a orquestra, con músicos e músicas de 8 anos en diante, ofrecerá unha gala ao estilo das que se celebran en moitas das grandes cidades europeas. Trátase da terceira edición deste concerto de Aninovo, e desde o Conservatorio Municipal confían en que se consolide como unha das citas tradicionais de Nadal no calendario de concertos redondelán. Arias explica que se trata dun concerto “familiar e para todos os públicos” no que gozar das pezas clásicas de Aninovo nun ambiente festivo. Concerto con entrada de balde ata completar o aforo.

David Pastor, considerado como un dos mellores trompetistas e jazzmen do panorama nacional e internacional, será o artista principal deste evento.

Os vindeiros días 10, 11 e 12 de marzo, Redondela acollerá a primeira sesión do III Festival Internacional de Big Bands de Galicia, evento organizado pola Concellería de Cultura, que xestiona Iria Vilaboa e a Xingros Big Band e que conta coa colaboración da Orquestra de Saxos e o Conservatorio Profesional de Música 'Víctor Ureña'.

O festival, que no vindeiro mes de xullo celebrará a súa segunda sesión, estará integrado no conxunto de actividades que desenvolve o Conservatorio Profesional de Música de Redondela como Escola Asociada á Unesco dende 2018, promovendo o entendemento internacional, a paz, o diálogo intercultural, o desenvolvemento sostible e o ensino de calidade. Cómpre lembrar que o de Redondela, e o único Conservatorio Profesional de Música Municipal de Galicia pertencente a esta rede do que forman parte máis de 10 000 centros de máis de 180 países do mundo.

O III Festival Internacional de Big Bands de Galicia terá un carácter moi pedagóxico contando, no seu programa, con conferencias e masterclass. Nesta terceira edición, o Festival terá a honra de recibir como artista principal a David Pastor, considerado como un dos mellores e máis grandes trompetistas e jazzmen do panorama nacional e internacional. Pastor actuará como solista nos concertos coa Xingros Big Band e profesor das masterclass de improvisación e trompeta.

A organización expresou o seu agradecemento a David Pastor “pola extraordinaria disposición que amosa á hora de colaborar sempre que é requirido” e amosou o seu convencemento que o festival “está na liña de consolidarse como un referente da cultura, o turismo e a música de Redondela”.

A actividade, organizada pola Orquestra de Saxos de Redondela, correrá a cargo dos directores Sander Teepen e Martien Maas, ámbolos dous dos Países Baixos.. Dous nomes de recoñecido prestixio internacional na dirección orquestral, Sander Teepen e Martien Maas, músicos ámbolos dous dos Países Baixos, serán os encargados de desenvolver entre os días 11 e 13 de novembro, unha máis que atractiva masterclass de dirección Orquestral que terá lugar no Conservatorio redondelán organizada pola Orquestra de Saxos de Redondela.

Sander Teepen (Deurne, 1981) procede dunha familia de longa tradición musical. Comezou a tocar o oboe aos 8 anos pero, dende moi cedo, sempre asegurou “quedar cautivado” pola dirección orquestral tomando leccións con directores de recoñecido prestixio como Jan Stulen ou Jac van Steen. Dende 2012, sucédense as súas participacións en concurso de dirección que contan con case que igual número de premios. No 201 gaña o concurso de dirección da Orquestra Sinfónica MAV de Budapest. Un ano despois consegue o premio do xurado no concurso de dirección da Ópera do Danubio Azul. Seguen, a partir de aí, direccións en teatros de ópera en Ostrava y Stara Zagora e foi director invitado coa Orquestra Filarmónica de Moldavia en Iași e a Orquestra Filarmónica de Banatul en Timișoara. Nos países baixos dirixiu, entre outros o Residentie Orkest, o Metropole Orkest, Het Gelders Orkest, Noord Nederlands Orkest, Filarmónica do Sur de Holanda e a Orquestra Filarmónica de Radio. En febreiro de 2019, gaña o Kersjesprijs, premio anual que se outorga aos “talentos excepcionais” da música dos Países Baixos.

Martien Maas nado, ao igual que Teepen, na localidade de Deurne (1963) é director, educador musical e pianista dos Países Baixos. Logo de estudar 'Piano clásico' con Ton Demmers no 'Conservatorio Brabant' en Tilburg e tomar clases maxistrais con György Sebök e Ivo Pogorelich, entre outros, obtivo a súa licenciatura en 'Piano Clásico' (1988) e o diploma de 'Piano Performing Musician' (1990).

Músico tremendamente versátil, Martien Maas actúa como pianista solista, como acompañante e como director. Como pianista, tocou varios concertos para piano e acompañou, entre outros, a Steven Mexade e Andreas van Zoelen. Ademais, a miúdo é convidado como acompañante de clases maxistrais e audicións. Martien Maas tamén ten unha ampla experiencia como director e estivo asociado con varias orquestras nos Países Baixos. Durante varios anos traballou como director con Jan Cober. Ademais de Holanda, actuou como pianista e director durante xiras de concertos en Alemaña, Bélxica, Luxemburgo, Suíza, Austria, República Checa, España, Italia e China.

Actualmente é director de Heel 'Harmonie De Vriendenkrans', 'Koninklijke Harmonie Deurne' e 'Police Harmonie Oost Brabant'. En novembro de 2017, Martien Maas recibiu unha condecoración real: foi nomeado Caballero da Orde de Orange Nassau.

Ámbolos dous directores serán recibidos, o vindeiro xoves, 11 de novembro, pola alcaldesa de Redondela que subliñou “a importancia que ten a presenza de dous directores da categoría de Teepen e Maas para impartir unha masterclass” feito que, segundo a rexedora local, “non fai máis que poñer de relevo a capacidade de convocatoria, conseguida a través dun excepcional traballo, tanto da Orquestra de Saxos de Redondela coma do Conservatorio redondelán”.

Aínda non hai eventos para as próximas datas

Conservatorio

Secretaría

Impresos:

  1. Impreso de INSCRICIÓN completado.
  2. Impreso de AUTORIZACIÓN DE DEREITOS DE IMAXE completado.
  3. Comprobante de pago da taxa correspondente. Pago a través da Oficina Virtual Tributaria.
  4. No caso de pago fraccionado, formulario de DOMICILIACIÓN BANCARIA cumprimentado.
  1. Impreso de INSCRICIÓN completado.
  2. Impreso de AUTORIZACIÓN DE DEREITOS DE IMAXE completado.
  3. Comprobante de pago da taxa correspondente. Pago a través da Oficina Virtual Tributaria.
  4. No caso de pago fraccionado, formulario de DOMICILIACIÓN BANCARIA cumprimentado.
  1. Impreso de INSCRICIÓN completado.
  2. Formulario de AUTORIZACIÓN DE DEREITOS DE IMAXE completado.
  3. Comprobante de pago da taxa correspondente. Pago a través da Oficina Virtual Tributaria.
  4. No caso de pago fraccionado, formulario de DOMICILIACIÓN BANCARIA cumprimentado.
  1. Impreso de INSCRICIÓN completado.
  2. Impreso de AUTORIZACIÓN DE DEREITOS DE IMAXE completado.
  3. Comprobante de pago da taxa correspondente. Pago a través da Oficina Virtual Tributaria.
  4. No caso de pago fraccionado, formulario de DOMICILIACIÓN BANCARIA cumprimentado.

Matriculación:

Na oficina administrativa do conservatorio.

A documentación debidamente cumprimentada enviarase ao correo electrónico oficina.conservatorio@redondela.gal

  1. Formulario de INSCRICIÓN completado.
  2. Formulario de AUTORIZACIÓN DE DEREITOS DE IMAXE completado.
  3. Comprobante de pago da taxa correspondente. Pago a través da Oficina Virtual Tributaria.
  4. No caso de pago fraccionado, formulario de DIRECCIÓN BANCARIA cumprimentado.

Compartir