Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Camiño de Santiago

O Camiño Portugués ata Santiago de Compostela é un dos máis percorridos. Existen distintas rutas históricas que arrancan en Portugal, tendo en común que todas elas conflúen en Redondela.

Polo chamado Camiño Interior, os peregrinos e peregrinas acceden a Redondela por medio da parroquia de Vilar de Infesta.

Nada máis entrar neste lugar pódese contemplar un miliario, vestixio da antiga calzada romana, onde aínda sobreviven unha chea de lendas populares, entre as que serve de mostra o costume de persignarse ao pasar por diante del.

Despois cruzarase a meseta "Chan das Pipas", onde o camiño entra nun espeso arboredo que dá a impresión de estar a camiñar por unha fraga máxica.

Marco Século I

A entrada no centro urbano de Redondela faise pola N-550, pasando pola parroquia de Saxamonde, e logo a carón do convento de Vilavella. Xa na vila o camiño discorre pola rúa Pai Crespo, que forma parte do casco histórico e onde se pode contemplar o Pazo de Petán. Ao final da rúa atópase a praza da Farola e, dende alí, accédese ao Albergue de Peregrinos situado na histórica casa da Torre.

Logo de deixar o albergue entramos no antigo núcleo amurallado. Ascendemos a carón da praza da Herba e damos coa igrexa de Santiago, que se atopa no punto máis elevado. Se continuamos por estas rúas de arquitectura burguesa chegaremos ao barrio da Esfarrapada, que constitúe o espazo da antiga sociedade mariñeira, perceptible nas casas e nos topónimos da zona (Fumeiros, Campo das Redes…).

Convento de VillaVella
Casa da Torre
Praza do Streetlight
Igrexa de Santiago
Anterior diapositiva
Seguinte diapositiva

Ao deixar atrás o núcleo urbano adentrámonos na parroquia costeira de Cesantes que abeira coa ría de Vigo por medio das praias e da misteriosa Illa de San Simón. Ao seguir, xa polo Viso, contemplaremos o abrigo da natureza que acompañan a toda persoa neste percorrido.

Por outra parte, polo Camiño da Costa, entraremos pola parroquia de Chapela, de perfil urbano e que se formou cara ao mar e cara á industrialización da zona. O mellor atractivo é a paisaxe marítima. Seguir por Cedeira, tomar auga e acougar na Fonte da Raíña, nun conxunto patrimonial de especial calidade e vistosidade, son os pasos previos para entrar no núcleo de Redondela. E aquí empatar co Camiño Interior.

Redondela conta cun amplo catálogo de albergues e hostais para acoller a toda a xente que ata aquí chega Gastronomía, a oferta cultural tradicións e festas as tradicións e as festas populares son un motivo para aproveitar unha tarde-noite de merecido descanso.

Illa de San Simón
Illa de San Simón
Prato con Choco de Redondela
Festa da Coca
Anterior diapositiva
Seguinte diapositiva

El Camino Portugués es el segundo más recorrido, y Redondela es el espacio en el que se encuentran las dos variantes.En Redondela encontrarás las puertas abiertas, porque este pueblo, esta gente, quiere compartir con vosotros toda su riqueza.

Sede benvidos e benvidas!

Compartir