Deportes
A área de Deportes do Concello de Redondela ofrece a posibilidade de realizar as reservas de pistas de tenis e pádel, a través de Internet mediante o servizo de reservas en liña. A través desta páxina terás dispoñibilidade da nosa axenda para que poidas solicitar reserva previa comodamente sen esperas e 24 horas ao día e 7 días á semana.
Para darte de alta no sistema, achégate ao Departamento de Deportes do Concello.
Contacta
- 986 400 300
- deportes@redondela.gal
- Rúa Alfonso XII, 2, 36800 Redondela, Pontevedra
- Laborais Luns a Xoves de 9:00 a 14:00 horas
- Novas
- Axenda
- Descargas
– Coa renovación das lámpadas nas instalacións deportivas o Concello aforrará unha media de 15.000 euros ao ano na factura eléctrica. Este plan de eficiencia enerxética supón tamén unha importante redución da contaminación, xa que rebaixa a emisión a atmosfera de 11,5 toneladas de CO2 anualmente.
– O Concello de Redondela traballa tamén na modernización da iluminación pública. Ata o de agora substituíronse 1.700 farois en camiños de todas as parroquias, e o obxectivo é continuar paulatinamente coa renovación de todas as instalacións do alumeado público.
O Concello de Redondela renovou o sistema de iluminación nas instalacións deportivas. O cambio de lámpadas convencionais por tecnoloxía led realizouse xa nos cinco pavillóns municipais: o de Redondela (Bomboneira), a Marisma, Manuel González Soto de Chapela, Reboreda e Porto Cabeiro. O concelleiro de Deportes, Iván Valles, explica que esta renovación supón un importante aforro enerxético, ao redor dun 40%, o que supón unha rebaixa na factura eléctrica de preto dun 50%, “xa que ademais de reducirse o consumo de enerxía tamén baixa a potencia contratada e o IVE correspondente en cada factura”. Este plan para a mellora da eficiencia enerxética nos pavillóns fíxose gradualmente nos últimos dous anos. No caso do pavillón municipal da Bomboneira o aforro total no ano 2023 foi de 2.959 euros. No González Soto de Chapela o cambio a tecnoloxía led fíxose en febreiro deste ano, “ e o aforro total en tan só seis meses foi de 2.185 euros”. O servizo municipal de electricistas estima que, no conxunto dos cinco pavillóns, o Concello aforrará unha media de 15.000 euros ao ano na factura. Valles agradeceu a colaboración da concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, xa que foron os operarios deste departamento os que fixeron a substitución das lámpadas. “Deste xeito o aforro para o Concello é aínda maior, ao non ter que contratar a unha empresa para facer as instalacións.”
Roberto Villar explica que, “ademais do aforro económico, este plan de eficiencia enerxética supón tamén unha importante redución do nivel de contaminación”. Co cambio de lámpadas convencionais a led “deixamos de emitir á atmosfera uns 2.300 quilos de CO2 ao ano en cada un dos pavillóns, en total 11,5 toneladas menos de CO2, o que tamén é fundamental para un desenvolvemento máis sostible”. Neste sentido incide tamén a alcaldesa, Digna Rivas, quen sinala que “as administracións públicas temos que dar exemplo no camiño cara á transición ecolóxica, ao tempo que facemos un uso máis eficiente dos recursos”.
Renovación da iluminación pública
O Concello de Redondela traballa tamén na modernización da iluminación pública. Ata o de agora substituíronse 1.700 farois en camiños de todas as parroquias, “e o obxectivo é continuar paulatinamente coa renovación de todas as instalacións do alumeado público”, explica Villar. O traballo foi realizado tamén polos operarios municipais da concellería de Infraestruturas e Sostibilidade. O aforro de enerxía co cambio da lámpada convencional de vapor de sodio a unha led é aproximadamente dun 40%, “o que supón pasar dun consumo de 85.000 quilowatts cos farois antigos a 51.000 quilowatts actualmente”, sinala o edil.
O Concello de Redondela acolleu onte a recepción aos pilotos Alex e Theo Gourdon Rafael do Team GR Husqvarna, equipo creado polos propios deportistas redondeláns. Os dous irmáns, de 17 e 19 anos respectivamente, acadaron esta temporada grandes éxitos a nivel nacional e internacional. Hoxe recibiron o diploma “Orgullo redondelán” e a insignia do Concello de mans da alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Iván Valles, como “recoñecemento e homenaxe” polo seu traballo e méritos deportivos. Para a alcaldesa é “un luxo” que este municipio conte con deportistas “ao máis alto nivel do motociclismo nacional e internacional nunha disciplina tan esixente” e auguroulles moitos éxitos no futuro tanto a Alex como a Théo.
Alex Gourdon Rafael é Campión de España de motociclismo de supermotard 2024, sendo o primeiro piloto galego en conseguir esta fazaña. Théo Gourdon Rafael foi terceiro na xeral. Alex proclamouse ademais subcampión de Europa FIM 2024 na proba celebrada no circuíto de Busca (Italia) en xuño 2024.
O TEAM GR Husqvarna, no seu primeiro ano de vida, conseguiu o título de Campión de España, Subcampión de Europa FIM e estar no TOP 5 do Campionato de Italia, sendo o primeiro equipo galego que acada estes éxitos.
O Concello de Redondela acolleu este mediodía a recepción ás patinadoras redondelás Laura Albán e Lidia Couñago, que participaron o pasado mes de setembro no Mundial ‘World Skate Games’ celebrado en Italia, no que remataron en 6º lugar. Laura Albán e Lidia Couñago forman parte do grupo de patinaxe do club Ribex de Tui, que acadou o bronce no Campionato de España de Patinaxe artística.
Hoxe recibiron o diploma “Orgullo redondelán” e a insignia do Concello de mans da alcaldesa, Digna Rivas, nun acto no que participaron tamén o concelleiro de Deportes, Iván Valles, e o de Infraestruturas Roberto Villar. A rexedora sinalou que este acto é “un recoñecemento e homenaxe polo seu traballo e méritos deportivos nesta disciplina”. Rivas felicitounas polos seus éxitos e fixo fincapé no esforzo que supón “compaxinar os adestramentos co traballo e os estudos para manterse na elite da patinaxe, o que é un gran mérito” .
There is no Event
De interese...
INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
ESPAZOS ABERTOS
RESERVA DE PISTAS
SUBVENCIÓNS
O Concello de Redondela, a través do seu Concellería de Deportes,, nos termos que dispón a presente lei, a lexislación de réxime local e a lexislación sectorial do Estado, exercerá no seu correspondente ámbito territorial as seguintes competencias:
Fomentar, promover e difundir o deporte, especialmente o deporte en idade escolar.
- Promover e, no seu caso, executar, no ámbito da súa competencia, os programas xerais do deporte, mediante a coordinación coa Administración autonómica, así como coa colaboración con outros entes locais, federacións deportivas galegas ou outras asociacións deportivas.
- Construír, xestionar, ampliar e manter as instalacións deportivas de titularidade municipal e, no seu caso, a xestión e mantemento das de titularidade autonómica cuxo uso e xestión sexanlles cedidos, tendo en conta a cualificación adecuada do persoal responsable para esas finalidades.
- Velar pola plena utilización das instalacións deportivas da súa titularidade, procurar a participación das asociacións deportivas do seu ámbito municipal na optimización do uso destas e coidar as súas condicións de hixiene e seguridade.
- Fomentar e apoiar a creación de asociacións deportivas no seu ámbito territorial, especialmente nos centros de ensino, barrios e centros de traballo.
- Procurar que nos plans de ordenación urbanística establézanse as reservas de espazos e cualificacións de zonas para a práctica do deporte, así como a instalación de equipamentos deportivos e levar un censo actualizado no seu ámbito territorial de instalacións deportivas de uso público, tanto de titularidade pública como privada.
- Autorizar, de conformidade cos requisitos xerais, a realización de actividades deportivas fose das instalacións deportivas e en patrimonio público municipal.
Organizar campionatos e eventos deportivos de carácter local. - Calquera outra actuación que redunde en beneficio do desenvolvemento deportivo local ou que lles poida ser atribuída legal ou regulamentariamente e que contribúa aos fins ou obxectivos da presente lei.
- Contará cunha área de deportes, que poderá ser mancomunada, para contribuír a levar a actividade físico-deportiva a toda a cidadanía e garantir o pleno aproveitamento social das instalacións.