Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Arquivo

A área de Arquivo do Concello de Redondela encárgase de conservar os documentos producidos e recibidos polo Concello no exercicio das súas competencias ao longo da súa historia.

Contacta

Vídeo de presentación do Arquivo Municipal:

Arquivo Audiovisual:

Dentro do Arquivo documental, nace no 2015 o Arquivo Audiovisual, dentro da Concellería de Cultura, encargado de recompilar, dixitalizar conservar e difundir as Fotografías de Redondela que puidesen existir nas casas particulares.

Ata o día de hoxe conservamos unhas 1900 fotografías que poderás consultar nas nosas dependencias (previa solicitude). Parte do fondo do Arquivo Audiovisual pódese consultar en liña a través do blog.

Todas as fotografías aquí expostas son de libre consulta e libre uso, cunha condición: Sempre que se usen (en publicacións, reproducións ou exposicións), deberá sinalarse con claridade a propiedade das mesmas: «Fotografía do Arquivo Audiovisual do Concello de Redondela; Fondo propiedade de D/Dª XXXX»

Esta bitácora dixital está repleta de fotografías cedidas pola veciñanza da vila de Redondela quenes, dunha maneira desinteresada e xenerosa, compartiron connosco parte dos seus recordos.

Para ceder temporalmente as túas fotografías para a súa dixitalización e difusión, só tes que poñerche en contacto connosco.

Acceso: Dacordo coa lexislación actual, e previa solicitude en papel (Rexistro municipal) ou telemática (Sede electrónica).

Difusión: A través da información puntual distribuída na rede a través destas páxinas: Facebook e ATOPO

No buscador ATOPO, poderás atopar información sobre as imaxes do Arquivo Audiovisual. No arquivo poderás visualizar todas as fotografías, ordenadas polos fondos e persoas.

Arquivo Documental:

Un Arquivo é como unha Biblioteca de expedientes finalizados, documentación administrativa xa tramitada e recordos en forma de papel.

Cando un expediente finaliza, a administración ten o deber de conservalo, porque ademais de ter información administrativa, é a Historia da nosa vila.

O Arquivo municipal, dependente da Concellaría de Cultura, conserva documentación xerada ou recibida polo Concello de Redondela: correspondencia, licenzas de obras, de actividades, libros de actas de Pleno (desde o 1878), padróns municipais de habitantes (desde o 1920), festas da Coca (desde o 1943), #etc… ata a documentación de hoxe en día.

No Arquivo do Concello de Redondela custodiamos 8.859 caixas que conteñen no seu interior 78.693 expedientes desde o ano 1848 ata hoxe.

Acceso: De acordo con a lexislación actual, e previa solicitude en papel (Rexistro municipal) ou telemática (Sede Electrónica).

Difusión: A través da información puntual distribuída na rede, mediante as seguintes páxinas:

Memorias anuais de traballo:

Compartir