Igualdade
A área da Muller e Igualdade do Concello de Redondela ten como principal obxectivo a consecución da igualdade real entre mulleres e homes de Redondela a través do desenvolvemento de actividades e servizos específicos dirixidos a toda a poboación, xa que o Departamento traballa co convencemento de que as políticas de igualdade non son excluíntes, competen a mulleres e homes.
Contacta Redondela
- 986 408 043
- igualdade@redondela.gal
- Rúa 8 de Marzo, 3 bajo, 36800 Redondela, Pontevedra
- Servizo de asesoramento en igualdade e atención ao público: De luns a venres de 08.00 a 14.30 horas
- Servizo de asesoramento xurídico: Martes, xoves e venres de 09.00 a 14.00 horas.
- Servizo de atención psicolóxica: De luns a venres en horario de 08.00 a 14.30 horas.
Contacta Chapela
- 986 458 993
- igualdade@redondela.gal
- Avenida de Redondela, 17, 36320 Chapela, Redondela
- Novas
- Axenda
- Descargas
A concelleira Rita Pérez Táboas e a artista convidada Carolina Smith.
– O Concello de Redondela celebra este sábado 22 a súa tradicional Gala Drag dentro do 27º Entroido de Verán, unha gran festa do respecto e a liberdade que reparte 2.000 euros en premios. Organizado en colaboración coa concellaría de Igualdade, o evento busca visibilizar a diversidade. O presentador e showman Carlos Veleiro será o mestre de cerimonias desta gala, que contará con Carolina Smith como artista convidada.
O Concello de Redondela celebrará o vindeiro sábado día 22 a tradicional Gala Drag no marco da 27ª edición do Entroido de Verán. A cita é no recinto do campo da feira ás 21.30 horas. O presentador, showman e monologuista Carlos Veleiro será o mestre de cerimonias desta gala, que contará con Carolina Smith como artista convidada. No concurso repartiranse 2.000 euros en premios, no que o xurado terá en conta a orixinalidade, creatividade e elaboración das fantasías.
A concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez, sinala que este evento é unha parte moi destacada do Entroido de Verán, que é “espectáculo e diversión pero tamén compromiso coa igualdade e a diversidade”. Pérez Táboas afirma que a Gala Drag “é o mellor reflexo do noso orgullo e da nosa aposta firme pola inclusión”, e conta coa colaboración fundamental da concellaría de Igualdade. “Traballando de xeito conxunto, Cultura e Igualdade demostramos edición tras edición que a cultura e a festa son as mellores ferramentas para visibilizar a diversidade e seguir derrubando barreiras na nosa sociedade”.
Desde o Concello faise un chamamento ao público para gozar do gran talento dos participantes nesta Gala Drag que será “unha gran festa do respecto e a liberdade.”
As actividades no recinto comezarán xa ás 20.00 horas coas sesións dos Djs Sara Gonzálezz e Borja Rúa. Ao remate da Gala Drag a música en directo collerá o relevo co concerto dos galegos Monoulious DOP (de 23:00 a 0:30 horas) e a grande actuación internacional do grupo arxentino Ráfaga, que fará bailar ao público cos seus éxitos dende as 0:30 ata as 2:15 horas da madrugada. O peche oficial da xornada correrá a cargo dos DJs Kike Varela e Rodri Vegas, cunha sesión final prevista ata as 4:00 horas.
Digna Rivas e Iria Vilaboa xunto á Policía Nacional de Participación Cidadá que visita os campamentos
– Rapazada de 3 a 12 anos participa nestas actividades nas diferentes parroquias. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que os campamentos municipais ofrecen ás familias “un espazo de lecer seguro, educativo e de calidade para nenos e nenas durante as vacacións escolares, tanto no mes de xullo como en agosto”.
O Concello de Redondela fai un balance moi positivo do Programa Municipal de Conciliación de Verán durante o pasado mes de xullo. O servizo municipal pechou o seu primeiro tramo cun gran éxito de participación. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que esta actividade ofrece ás familias “un espazo de lecer seguro, educativo e de calidade para os nenos e nenas do municipio durante as vacacións escolares”.
O campamento de conciliación non para e continúa activo durante todo este mes de agosto. A ampliación do servizo foi impulsada polo Goberno de Rivas, xa que en mandatos anteriores os campamentos estivais limitábanse ao mes de xullo. Con esta medida, ofrécense 180 prazas adicionais no mes de agosto para dar unha cobertura total ás familias e facilitar a conciliación os dous meses de vacacións. En conxunto, o Concello ofrece 480 prazas nos campamentos de verán. Rivas, explica que o Concello “aposta por achegar os servizos a toda a veciñanza, tanto na vila como nas parroquias, para facilitar o acceso aos campamentos e reducir os desprazamentos das familias”. Pola súa banda, a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, destaca que o seu departamento ofrece un servizo “que favorece a conciliación de responsabilidades familiares e laborais, ao tempo que permite a nenos e nenas participar en actividades lúdicas”.
A rapazada que participa nos campamentos recibiu a visita do equipo de Partición Cidadá da Policía Nacional da comisaría Vigo-Redondela. Os axentes imparten aos nenos e nenas charlas para previr o acoso escolar, danlles pautas sobre seguridade e amósanlles os vehículos policiais, as sirenas e o equipamento básico.
Digna Rivas con profesorado e alumnado de Mediación Comunicativa do IES Chapela no Día Nacional da Lingua de Signos
– O Goberno local abre o prazo de preinscrición do 7 ao 19 de agosto para unha formación dirixida a maiores de idade, cun custo subvencionado de 50 euros. Tamén se oferta un obradoiro para os empregados públicos co obxectivo de eliminar as barreiras de comunicación na administración.
O Concello de Redondela, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, aposta pola inclusión real e a eliminación das barreiras comunicativas cun programa formativo en Lingua de Signos. Co obxectivo de construír un municipio máis accesible e cohesionado, o goberno local ofrece formación aberta á veciñanza, ao tempo que capacitará aos seus propios traballadores públicos para mellorar a atención directa ás persoas xordas.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, sinalou a importancia de que a propia administración dea o primeiro paso: “A nosa prioridade é avanzar cara a unha administración 100% accesible, onde calquera veciño ou veciña poida ser atendido con dignidade e sen atrancos comunicativos; formar ao noso persoal é un acto de xustiza social e eficacia pública”. Pola súa banda, a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, puxo en valor o impacto da formación para a poboación: “Queremos dotar á veciñanza de ferramentas que fomenten a empatía e a igualdade no día a día, garantindo unha convivencia integradora onde ninguén quede á marxe”.
Por unha banda, a formación destinada á cidadanía maior de 18 anos consta de 30 horas lectivas cun curso subvencionado que se impartirá no Multiúsos da Xunqueira. Será os mércores e venres de 17:00 a 19:30 horas, e comezará o 4 de setembro. O prazo de preinscrición estará aberto do 7 ao 19 de agosto a través do Rexistro Xeral ou da Sede Electrónica. O custo é de 50 euros. Unha vez confirmada a praza, os admitidos terán tres días hábiles para facer o pago na Oficina de Recadación ou na sede virtual.
Como novidade e reforzo institucional desta campaña, o Concello ofrece unha formación específica de 10 horas de duración dirixida ao persoal municipal. Este curso ten como obxectivo dotar aos traballadores públicos de ferramentas para facer da administración local un espazo de inclusión real.

There is no Event
SERVIZOS E RECURSOS
Grupo de Autoestima:
Obxectivo Crear unha rede de apoio e constituír un grupo de axuda.
Información: Centro de información ás mulleres (CIM).
OPERACIÓN CO-FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA
Programa Operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020
Promover la igualdad, la salud y la inclusión social
O FSE Inviste no teu futuro
Programa Municipal de conciliación:
Obxectivo: Promover a conciliación familiar e laboral das familias do concello de Redondela.
Poboación destinataria familias con menores con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.
Información: Centro de información á muller (CIM).
Financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade do Departamento de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Igualdade, segundo o Plan solidariamente Responsables para o ano 2023:
CIM
O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Redondela creouse no ano 2005, a partir do Decreto 182/2004, do 22 de xullo, da Consellaría de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado
É o departamento encargado de proporcionar asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que de forma individualizada ou en grupo o demanden.
O desempeño das funcións propias do CIM está inspirado polos seguintes principios:
- O anonimato na identidade das usuarias, salvo decisión en contrario destas.
- O respecto á vontade das usuarias na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas expostas.
- A gratuidade de todos os servizos que se prestasen, e todo iso atendendo á vocación de servizo público.
- O respecto ao principio de confidencialidade por parte do persoal do Centro de Información ás Mulleres do Concello de Redondela, que garantirá a privacidade das comunicacións, salvo vontade en contra das usuarias
O CIM desenvolverá as funcións que a continuación se relacionan:
- Información e asesoramento xurídico.
- Atención psicológica.
- Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.
- Difusión e sensibilización cidadá arredor da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
- Funcionamento como canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos que tiveran competencias en materia de muller
- Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difundindo as actividades e servizos desenvolvidos polo Concello de Redondela e o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.
- Realización de conferencias, encontros, xornadas, cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
- Atención específica a mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición, facilitando ou informando sobre o acceso aos recursos existentes na comunidade autónoma e no concello a través da xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que fosen oportunos
- Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente
- Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
- Calquera outra actividade que se axeite ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade
Informa, orienta e asesora en materia de igualdade e da planificación de actuacións que favorezan a participación das mulleres en todos os ámbitos da sociedade a través da atención ao público do CIM, da recepción das mulleres e derivación á psicóloga e á avogada ou calquera outro servizo municipal, da intervención en igualdade, da información en xeral, da xestión de actividades e da tramitación de subvencións
- Servizo psicolóxico.
- Atención e traballo coa persoa usuaria, ofrecéndolle información, intervención e apoio psicolóxico, ademais de dotala de recursos que lle permitan afrontar os conflitos da vida.
- Servizo xurídico.
- Axuda ás mulleres nas súas dúbidas sobre dereito de familia, civil, laboral, administrativo e penal.
- Servizo permanente de atención e orientación ás mulleres.
O Centro de Información ás Mulleres ten un horario de atención presencial ao público de luns a venres de 08.00 a 14.30 horas e atención telefónica de luns a venres de 08.00 a 14.30 horas.
Servizo de atención psicolóxica: De luns a venres en horario de 08.00 a 14.30 horas.
Servizo de asesoramento xurídico:Martes, xoves e venres de 09.00 a 14.00 horas.
Servizo de asesoramiento en igualdade e atención ao público: De luns a venres de 08.00 a 14.30 horas
Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero:
1. Elaboración e redacción de material didáctico en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero.
2. Espazo de igualdade Entroido de verán 2025.
3. Espazo de igualdade Festa de fin de ano 2025.
4. Material Espazo de igualdade.
5. Obradoiro Falemos de sexo.
6. Obradoiro Prevención dos Trastornos de Conduta Alimentaria dende a perspectiva de xénero: violencia estética.
7. Obradoiro Plataformas dixitais e sexualidade: novos espazos de control e violencia.
8. Servizo de atención e coidado inmediato.
9. Programa Escola de familias: Previr dende o fogar.
10. Espectáculo Desexo.
11. Espectáculo Sophie non é o meu nome de guerra.
12. Programa Educando en igualdade.
13. Programa Xeración Violeta.
14. Formación Curso de intervención policial en VIOGÉN: Psicoloxía da intervención e defensa policial en espazos pechados.
15. Atención policial a vítimas de violencia de xénero.
1. Punto Violeta e Punto Arco Iris Entroido de verán 2024.
2. Protocolo fronte ás agresións sexuais no ocio nocturno.
3. Espectáculo Sempre hai saída.
4. Obradoiro Falemos de sexo.
5. Obradoiro Prevención dos Trastornos de Conduta Alimentaria dende a perspectiva de xénero: violencia estética.
6. Espectáculo Contacontos Aitana e a avoa, e outros contos violetas.
7. Adquisición de material para a actividade Porta Violeta.
8. Charla Violencia machista no entorno dixital.
9. Programa Educando en igualdade.
10. Programa Xeración Violeta.
11. Espazo de igualdade Entroido 2025.
12. Curso Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
13. Formación Seguridade e protección de datos na intervención policial por violencia de xénero.
14. Espazo de igualdade Festa do Choco 2025.
15. Espazo de igualdade Festa da Coca 2025.
16. Taller Tecnoloxía e novas formas de violencia de xénero.
17. Espectáculo Cambia o conto.
18. Atención policial a vítimas de violencia de xénero.
1. Punto Violeta Entroido de verán 2023.
2. Actuación de sensibilización e prevención da violencia de xénero.
3. Roteiro As Mulleres da Vila.
4. Espectáculo Marcho que teño que marchar.
5. Espectáculo Sen medo.
6. Charla Falemos de sexo: adolescencia e pornografía..
7. Formación para a prevención, detección e acompañamento nas violencias sexuais nos locais de lecer nocturno.
8. Punto Violeta Festa Pre fin de ano 2023.
9. Obradoiro Falemos de sexo..
10. Roteiro Mulleres de Redondela e Chapela..
11. Formación en igualdade para persoal electo do Concello de Redondela.
12. Formación en igualdade para alumnado de Formación Profesional.
13. Punto Violeta Festa do Choco 2024.
14. Punto Violeta Festa da Coca 2024.
15. Campaña E ti, por que loitas?
16. Charla Concienciando en TIC’s Seguras..
17. Atención policial ás vítimas de violencia de xénero.
- Punto Violeta Entroido de verán 2022.
- Punto Violeta Fiesta pre fin de ano 2022.
- Espectáculo Tabú.
- Punto Violeta Entroido 2023.
- Obradoiro de autocoidados das mulleres, risoterapia e musicoterapia.
- Obradoiro Xeración Violeta.
- Material Punto Violeta.
- Libretiñas.
- Obradoiro Obradoiro Prevención dos Trastornos de Conduta Alimentaria dende unha perspectiva de xénero.
- Punto Violeta Festa do Choco 2023.
- Punto Violeta Festa da Coca por 2023.
- Mural contra a violencia machista
- Atención policial ás vítimas de violencia de xénero.
- Programa “Mulleres en rede”.
- Punto Violeta Festa da Coca.
- Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
- Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
- Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
- Punto de lilás entroido de verán.
- Conmemoración do 25 de novembro (Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres)
- Protocolo para a prevención do acoso laboral, sexual e por razón de sexo do Concello de Redondela.
- Campaña Prevención da violencia na mocidade no uso das redes sociais.
- Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
Actuacións financiadas con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y para la Erradicación de la Violencia contra las Mujeres.
Plan Corresponsables
Actuacións financiadas para o ano 2022:
- Programa “Quédome con Simona”.
- Plan de sensibilización e formación en corresponsabilidade.
Financiadas pola Secretaría Xeral da Igualdade e polo Ministerio de Igualdad ao abeiro do Plan Corresponsables para o ano 2022.