Skip to main content

Concello de Redondela

Urbanismo

A Área de Urbanismo do Concello de Redondela encárgase da actuación urbanística, incluíndo a planificación, as licenzas, as disciplinas urbanísticas, a conservación de edificios, os proxectos e as obras municipais.

Contacta

– As actuacións, que xa están contratadas, centraranse no Camiño do Casal e na Estrada da Quintana. Os proxectos inclúen a renovación integral do firme e a mellora das redes de recollida de augas pluviais. A superficie total de pavimento que se renovará entre os dous camiños suma 5.672 metros cadrados.

A alcaldesa, Digna Rivas, amosou a súa satisfacción polo inicio inminente destes traballos e suliñou que “estas obras no rural son unha prioridade absoluta para este Goberno co fin de equiparar as condicións de vida, mobilidade e servizos de todas as parroquias”.

Redondela, 25 de agosto de 2026. O Concello de Redondela segue a impulsar a renovación e modernización dos viarios públicos no rural coa adxudicación das obras de pavimentación e mellora de servizos en dous camiños da parroquia de Reboreda: o Camiño do Casal e a Estrada da Quintana. O investimento total destas melloras ascende a 185.864,55 euros.

A actuación de maior orzamento executarase no Camiño do Casal, no barrio de Asnelle de Abaixo, cun custo de 143.756 euros. Pola súa banda, a intervención na Estrada da Quintana conta cunha partida adxudicada de 42.108 euros. Ambas as dúas obras buscan corrixir os danos estruturais derivados do uso e do clima, incrementando notablemente a seguridade de peóns e condutores. Ambas obras realizaranse con cargo ás arcas municipais dentro do plan de investimento nas parroquias que conta cun orzamento de 2,7 millóns de euros.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, amosou a súa satisfacción polo inicio inminente destes traballos e suliñou que “estas obras no rural son unha prioridade absoluta para este Goberno co fin de equiparar as condicións de vida, mobilidade e servizos de todas as parroquias”. A rexedora local fixo fincapé en que “manter os camiños interiores en condicións óptimas de seguridade e accesibilidade é fundamental para fixar poboación e garantir o benestar diario da veciñanza”.

Pola súa banda, o concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, explicou os detalles técnicos das intervencións, destacando que non se trata de simples parches no firme. “No Camiño do Casal actuaremos sobre unha lonxitude de 660 metros, incluíndo unha nova rede de recollida de augas pluviais de 420 metros e a ampliación do viario nun treito en curva grazas á construción de muros de contención de granito“, sinalou Villar. O proxecto deste camiño vai renovar 3.672 metros cadrados de superficie.

Respecto á Estrada da Quintana, Villar detallou que os traballos “afectarán a un tramo de 400 metros de lonxitude, dende o número 102 ata o encontro co Camiño Poza do Monico”. Alí estenderase unha nova capa de rodaxe. Tamén se tapará a cuneta existente con tubaxe de PVC e instalaranse novos treitos de drenaxe.

Ambos os responsables municipais lembraron que un firme seguro e un sistema de drenaxe eficiente evitan o deterioro acelerado dos viarios públicos e prevén asolagamentos nas propiedades lindeiras. Os traballos en Reboreda coordinaranse para minimizar, na medida do posible, as molestias no tráfico da parroquia durante o tempo que estean en marcha.

A alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro Roberto Villar visitaron a zona para comprobar o estado dos traballos.

• A actuación abrangue toda a estrada, cunha lonxitude de 233 metros e unha superficie total de 2.780 metros cadrados. O Goberno local planificou os traballos neste mes de agosto para evitar calquera tipo de interferencia co calendario escolar.
• A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que a zona rexistra unha elevada densidade de tráfico ao concentrar colexios, institutos e pavillóns. “Era necesario mellorar esta estrada que que empregan a diario centos de alumnos e familias que acoden aos centros educativos e deportivos”.

Xa están en marcha as obras de renovación de pavimento na estrada Paseo do Pexegueiro. Esta intervención, proxectada polos servizos técnicos municipais, ten como obxectivo emendar o forte deterioro, fisuras e fochancas que presentaba o firme desta contorna.

Os traballos realízanse nunha superficie total de de 2.780 metros cadrados, desde a rotonda da avda Mendiño ata o final da estrada, que suma 233 metros de lonxitude. Esta arteria urbana rexistra unha alta densidade de tráfico diario, tanto peonil como de vehículos, ao situarse no centro dunha área de servizos públicos dando acceso a varios centros de ensino, pavillóns e a piscina municipal. O Executivo local decidiu planificar esta obra durante o mes de agosto para non interferir co calendario escolar e evitar prexuízos ás familias e transporte escolar.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, visitaron a zona para comprobar o estado dos traballos. Rivas destacou a transcendencia desta actuación para renovar unha vía “fundamental” para Redondela “que é empregada a diario por centos de alumnos e familias que acoden aos centros educativos e deportivos”. Pola súa banda, Villar, fixo fincapé na loxística coordinada da intervención. O feito de realizar as obras en agosto minimiza os prexuízos para os usuarios desta estrada e “permitirá comezar o novo curso cunha vía totalmente renovada e segura”. O edil engadiu ademais que o resultado ofrecerá unha rodadura asfáltica “de alta resistencia e máxima durabilidade”. Os traballos contan cun orzamento de 46.948 euros que se financian con fondos propios do Concello.

– A alcaldesa, Digna Rivas, salienta que a actuación é unha realidade inminente. Esta ponte permitirá conectar de xeito “directo, seguro e accesible” o aparcadoiro de Vilavella co paseo fluvial. O obxectivo é “fomentar a mobilidade sustentable, reducir o tráfico rodado e dar protagonismo aos peóns”, explica Rivas. A actuación, nacida dunha proposta de AER, comezará a executarse nos vindeiros días.

O Concello de Redondela dá o paso definitivo para a execución da nova pasarela peonil sobre o río Maceiras coa adxudicación do contrato de obras. Completados os trámites administrativos correspondentes, o proxecto converterase nunha realidade na contorna de Vilavella. A empresa adxudicataria iniciará os traballos previos sobre o terreo nos vindeiros días.

Unha vez superado o período de licitación, a infraestrutura permitirá cumprir o obxectivo de conectar de xeito “directo, seguro e accesible” o aparcadoiro disuasorio de Vilavella co paseo fluvial. A intervención busca fomentar a mobilidade sustentable, reducir o tráfico rodado no centro urbano e dar todo o protagonismo aos peóns. A alcaldesa, Digna Rivas, sinalou que a infraestrutura “garantirá que calquera persoa, teña ou non problemas de mobilidade, poida desprazarse con total seguridade”.

Esta actuación, impulsada orixinalmente por AER (Agrupación de Electores de Redondela), comezará a executarse en breve. O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, amósase moi satisfeito por ter superado todos os trámites e que esta pasarela, que era unha demanda veciñal, sexa un realidade nas vindeiras datas. “A pasarela humaniza a contorna e ofrece unha alternativa segura e amable tanto para as persoas que queren percorrer o paseo fluvial como para as que queren acceder ao centro da vila sen depender do coche”, explica Villar.

Un deseño sostible e respecto ambiental

A pasarela salvará o río Maceiras sen necesidade de instalar ningún tipo de apoio no leito, o que protexerá por completo o ecosistema fluvial. A estrutura contará con cimentacións de formigón armado, varandas de madeira de 1,10 metros de altura e unha estética totalmente integrada na paisaxe. As súas pendentes suaves garantirán unha accesibilidade universal.

O proxecto, que conta cun orzamento de licitación de 24.254 euros, finánciase a través do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.

Urbanismo

Planificación e Desenvolvemento Urbano

De interese

TRÁMITES

CARTOGRAFÍA - SIOTUGA

ORDENANZAS E REGULAMENTOS

PXOM

Compartir

CARTOGRAFÍA - SIOTUGA

SIOTUGA