Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Contratación

A área de Contratación do Concello de Redondela encárgase da tramitación dos procedementos relativos á administración e xestión dos bens e dereitos integrantes do patrimonio do solo.

Contacta

As empresas de prazo ata o 12 de setembro para presentar as ofertas para unha obra “que poñerá ao servizo da veciñanza un inmoble que, durante décadas, permaneceu no máis absoluto dos abandonos”, afirma a alcaldesa Digna Rivas.

O Concello de Redondela ten aberto o proceso de licitación das obras de remodelación e transformación das coñecidas como vivendas dos mestres nun espazo cultural polivalente e un museo etnográfico. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 12 de setembro.

Con este proceso de licitación, di a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, “o Goberno local mantén a súa política de poñer ao servizo da cidadanía, para o seu uso e desfrute, todos cantos espazos públicos e inmobles podan ser recuperados e aproveitados”.

Cómpre lembrar que o Goberno redondelán iniciaba a comezos do 2021 o proceso para que o edificio, desafectado dende o ano 2006 e que dende entón pertencía ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, pasase a ser de titularidade municipal, proceso que culminaba o 8 de xullo desde mesmo ano coa sinatura da acta pola que o Ministerio cedía ao Concello, de xeito totalmente gratuíto, o edificio coñecido como "as antigas vivendas dos mestres", inmoble que pasaba a formar parte do inventario municipal.

Agora, con todos os trámites previos realizados –cesión da edificación ao Concello, memoria explicativa dos fins aos que se vai dedicar o inmoble e o cambio de uso da parcela– o Goberno socialista que preside Digna Rivas abre o proceso de licitación da obra que recuperará as antigas vivendas dos mestres nun espazo cultural polivalente “dando resposta a unha reivindicación histórica dos colectivos culturais para que, unha parte do inmoble, sexa dedicado a museo etnográfico”, explica Digna Rivas quen engade que Redondela, como cuarto municipio da provincia, “non pode permitir que toda a súa cultura e coñecemento popular caian no esquecemento e se perdan no tempo por non dispor dun espazo axeitado”.

Así pois, a primeira actuación a realizar será a rehabilitación integral da edificación para crear un espazo polivalente na planta baixa, na que quedaría instalado un espazo de museo, con salas de exposición –tanto permanentes coma temporais–, sala de interpretación e espazo para un taller que permita a realización de actividades creativas.

Con este proxecto, o Goberno local consegue, como explica a alcaldesa, un dobre obxectivo “xa que por unha banda dótase á cidadanía dun novo espazo cultural mentres que por outra ponse en valor un inmoble que, de feito, xa é de por si de interese etnográfico porque forma da historia de Redondela”, recalca a rexedora local.
Rivas lembra que o uso para vivenda social do inmoble, outra das alternativas que se estudaba, quedou descartado xa que, por unha banda “o edificio é de titularidade de Patrimonio do Estado e este non permite a súa cesión a terceiros por parte do Concello” e por outra, “ao estar enclavado o inmoble en dominio marítimo terrestre, non permite o seu uso residencial”.

Os traballos seguirán a liña de mobilidade sostible e dotación de espazos para a cidadanía marcada polo Goberno socialista que preside Digna Rivas

O Concello de Redondela deu a coñecer a apertura, esta vindeira semana, o proceso de licitación das obras da Alameda Rosalía de Castro de Chapela, traballos que “permitirán a remodelación e mellora dun espazo céntrico amplamente utilizado pola veciñanza”, afirma a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

O espazo “gañará zonas verdes, de sombra e de esparexemento ”, explica a rexedora local que adianta que o proxecto elaborado polo estudo de arquitectura Gándara e Pons, redefinirá o espazo e a súa contorna, “nunha obra longamente demandada pola veciñanza de Chapela que, deste xeito, seguirá mellorando os seus espazos céntricos”.

Lembra a alcaldesa de Redondela que lugares como o antigo apeadoiro de ferrocarril e a propia vía férrea pasaron de ser “lugares infrautilizados e cun impacto visual negativo, a espazos de ocio para a cidadanía transformándose nunha Vía Verde que, a día de hoxe, é un dos puntos clave para o desfrute das veciñas e veciños”.

Ás obras da alameda de Chapela, que Digna Rivas non dubidou en cualificar de “centro neurálxico da convivencia da cidadanía da parroquia”, engadiranse en breve as de remodelación do campito e creación do skatepark no final da Vía Verde “dúas que seguirán transformando Chapela e ofrecendo espazos de lecer para a cidadanía de todas as idades”

Aínda que o proxecto da Alameda transforma o espazo e a súa contorna mantén, porén, case que se modificacións áreas como a zona infantil. De feito o parque, construído hai poucos anos, presenta segundo o estudo previo un “bo estado de conservación e servizo” algo que para a rexedora local redondelá non é froito da casualidade senón “do constante e detallado traballo de mantemento que leva a cabo a Concellería de Parques es Xardíns que xestiona Alberto Álvarez en todas as zonas infantís do municipio. O proxecto, polo tanto, contempla nese espazo a única modificación do valado perimetral para favorecer o acceso dende a zona norte”.

Precisamente nese sector situaranse as ‘zonas de sombra’ constituídas por estruturas de aceiro negro que soportarán unha cubertas téxtiles especificamente deseñadas para resistir as condicións atmosféricas de exterior e, para maior seguridade das persoas usuarias, tratadas con aditivos antiraios UVA para filtralos ao máximo e ofrecer a máxima protección.

Digna Rivas subliñou a novidosa utilización de pavimentos táctiles nos itinerarios peonís accesibles, “seguindo a política de accesibilidade que desenvolvemos dende a nosa chegada ao Concello”. Ditos pavimentos táctiles terán de orientar, dirixir e advertir ás persoas cegas sin que constitúan nin perigo nin molestia para el tránsito para o tránsito peonil no seu conxunto.

Este pavimento táctil de material antideslizante –explica a alcaldesa redondelá– “permitirá una fácil detección e recepción de información mediante o pe ou o bastón branco por parte das persoas cegas”.

Este sistema que se utilizará por primeira vez en Redondela utilizará dous tipos de elementos. Unha franxas de orientación e ancho variable que contrastarán de modo suficiente solo circundante servirán como guía para os itinerarios peonís e a proximidade de cambios de nivel mentres que outros elementos, en forma de botóns troncocónicos de 4 mm de altura advertirán sobre a proximidade de puntos de perigo.

Digna Rivas amosou a importancia dunhas obras que “como todas as que estamos a realizar e lavamos realizadas, van máis aló que simples lavados de cara e buscan a transformación dos espazos para o seu desfrute por parte da cidadanía e a mellora da súa calidade de vida”.

O aparcadoiro, iniciativa do Goberno socialista que preside Digna Rivas, da resposta ás necesidades de residentes e veciñanza xa que “a Praza de Ponteareas sen ese estacionamento, non tería sentido”, explica a alcaldesa

O proxecto do aparcadoiro disuasorio que quedará instalado na contorna da Praza de Ponteareas, entra nos últimos días do proceso de licitación para, unha vez pechado este, dar comezo a unha obra que “non só contribuirá a dar solución ao estacionamento dos vehículos das persoas residentes na zona, senón que será un paso máis para a desmasificación de, diariamente se produce nas beiravías da estrada”, explicou hoxe a alcaldesa Digna Rivas.

Rivas lembrou que o proxecto do aparcadoiro disuasorio foi “unha aposta deste Goberno consciente da necesidade de dotar á contorna dun lugar es aparcamento tanto para as persoas residentes como para a veciñanza en xeral”. “A Praza de Ponteareas, sen un aparcadoiro adecuado, sería unha obra totalmente carente de sentido e nesa liña, damos resposta ao compromiso adquirido coa veciñanza”, apunta.

A rexedora local subliñou a importancia de que Redondela poida contar contar “cun aparcadoiro próximo ao centro urbano que complemente aos dous xa existentes no casco urbano –fronte ao mercado de abastos e no Campo da Feira– reforzados tamén polo aparcadoiro soterrado da Xunqueira”.

A maiores de ser un proxecto que da continuidade á transformación iniciada polo Goberno socialista de Redondela no marco da mobilidade sostible e da recuperación de espazos públicos para a cidadanía, o estacionamento, “cunha situación estratéxica –xusto na entrada do centro urbano– contribuirá á diminución do tráfico rodado no casco urbano dada a súa proximidade ao mesmo”.

A actuación que se vai desenvolver na zona terá tamén un impacto medioambiental positivo engadido, xa que o solar linda co río e conecta co paseo do Salgueiral o que permitirá un maior aproveitamento deste espazo natural e a súa posta en valor.

Rivas lembrou que, no seu momento, o Goberno que preside foi quen de formalizar, ante notario, a compra da parcela situada a carón do convento de Vilavella, de 4000 metros cadrados e a nave situada na mesma –que será derrubada para a creación do aparcadoiro–, ata entón propiedade da firma Building Center, nun prezo que quedou establecido en 449 350 euros dos que 416 226 euros foron achegados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2019.

A compra do solar supuña o primeiro e imprescindible paso para acometer o ambiciosos proxecto de transformar completamente a Praza de Ponteareas, unha das principais vías de entrada ao casco urbano, “e gañar o espazo para as persoas, para o esparexemento da veciñanza e para a convivencia cidadá”.

Nese sentido, as liñas marcadas e actuacións desenvolvidas polo Goberno socialista de Redondela coinciden plenamente coa idea da Unión Europea das Cidades 2030, de transformar cidades e pobos nos que as persoas sexan máis importantes que os vehículos.

De interese...

PERFIL DO CONTRATANTE

PLATAFORMA DE CONTRATACIÓN

Compartir