A programación contará coa participación de Maneiro, Malfinde, Eleven, Xalundes e Jay & The Smoking Machines, nun cartel que aposta principalmente polos sons de guitarras e percorre diferentes territorios dentro do rock, desde o pop-punk ata o hard rock, o metal e outras propostas.
As propias bandas destacan que a selección supón unha representación da actividade musical que existe actualmente en Redondela.
