Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Enseñanza

El Área de Enseñanza del Concello de Redondela se encarga de supervisar el funcionamiento y mantenimiento de los centros públicos del Ayuntamiento de Redondela. Somos un organismo intermediario con otros órganos públicos como a Xunta de Galicia.

Se realizan programas y actividades para mejorar ciertos aspectos de la infancia y se lanzan concursos para potenciar el inclusionismo social y de los distintos grupos, niños, profesores y padres.

Contacta

Un total de 16 alumnos e alumnas dos Obradoiros de Emprego de Hostalaría e Deseño Gráfico para a Comunicación recibiron o martes os seus Certificados de Profesionalidade. Logo dun ano de formación teórica e práctica o auditorio da Xunqueira acolleu este mediodía a entrega dos diplomas, un acto no que participou a alcaldesa, Digna Rivas, o concelleiro de Emprego, Antonio Cabaleiro, a Delegada da Xunta, Ana Ortiz, o Director Territorial de Emprego, José Antonio Fachado, e a Directora do Obradoiro, Marita Pintos.

A alcaldesa dirixiuse ao alumnado para agradecerlles “o voso esforzo e compromiso, as gañas de aprender e de superarvos para aproveitar tan ben todo o que as mestras e mestres vos ensinan.”. Rivas tivo tamén palabras de agradecemento para o equipo docente e a directora, “sempre preocupados e ocupados en ofrecerlle ao alumnado a mellor formación posible”. A alcaldesa lembrou que nestes meses de formación e traballo “xa teñen demostrado que son uns grandes profesionais”. O grupo de hostalaría foi o encargado de elaborar e servir os petiscos no evento do Nadal do Concello, tamén prepararon almorzos e merendas para centros de Día e colexios do municipio, e na clausura dos cursos de Maiores encargáronse de cada detalle. Tamén ofreceron receitas orixinais na festa do Choco, entre outras moitas actividades. O alumnado “formou parte activa de diferentes actos organizados polo Concello porque entendemos que así debe ser, dándolle protagonismo ao seu traballo ao mesmo tempo que se forman, e o resultado foi excelente”, sinalou Rivas.

No caso do Obradoiro de Deseño Gráfico para a Comunicación, o alumnado sorprendeu coa súa creatividade. Os calendarios do Concello de Redondela de 2024 e 2025 levan o seu selo, e tamén moitas campañas institucionais e carteis para diferentes actos. Este alumnado foi tamén o encargado de recoller en imaxes, con fotografías e vídeos, o traballo dos seus compañeiros de cociña, e retrataron as parroquias de Redondela con fermosas imaxes que van servir para a promoción deste municipio. “Desde o Concello tentamos que a súa formación como alumnos-traballadores tivese ese achegamento ao mundo real, aos traballos propios do mercado laboral para que a experiencia fose o máis enriquecedora posible”. A alcaldesa desexoulles “moita sorte” tendo en conta que “contades coa formación, as gañas non vos faltan, e estou segura de que tedes por diante un gran futuro profesional”.

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade outorgou ao Concello de Redondela unha subvención de 424.836,96 € para a realización destes obradoiros, cofinanciados polo Ministerio de Traballo e o Fondo Social Europeo.

– A alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Iván Valles, presentaron a axenda para o curso 2024/24 no CEIP Outeiro das Penas, Cesantes. As mulleres destacadas nesta edición son Paula Domínguez Encinas “Pauleta”, Alba Fernández López, Antía Domínguez Rodríguez, Carla Abad Alonso, Elena Casal Fernández e Conchy Martínez Carballo.
– Rivas sinalou que estas mulleres “son unha escolma do talento feminino co que conta Redondela no mundo do deporte, e desde o goberno local cremos que é importante visibilizar o seu traballo e os seus éxitos para que sirvan tamén como referente”. Deste xeito as axendas, ademais de ser unha ferramenta útil no día a día do alumnado, “serven tamén para fomentar a igualdade de xénero e de oportunidades en todos os eidos e rachar cos estereotipos”.
– As axendas escolares son un agasallo para todo o alumnado de Primaria dos centros públicos do municipio e inclúen tamén información sobre actividades para o fomento da lectura, a escritura e o uso da lingua galega como a xornada de Lectura na Rúa, a campaña “Unha semaniña enteira” ou o proxecto “Espallar tinta”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Iván Valles, visitaron onte o CEIP Outeiro das Penas, de Cesantes, onde presentaron as axendas escolares para o curso 2024/24 coas que o Concello agasalla a todo o alumnado de Primaria dos centros públicos do municipio. Son en total 1.300 axendas que acompañarán aos nenos e nenas ao longo de todo o curso, e nas que se este ano as protagonistas son mozas e mulleres de Redondela que destacan no mundo do deporte. Trátase da futbolista Paula Domínguez Encinas, “Pauleta”, a piloto Alba Fernández López, a remeira Antía Domínguez Rodríguez, a ex xogadora e técnica de balonmán Carla Abad Alonso, a árbitra de fútbol Elena Casal Fernández e a árbitra internacional de Taekwondo Conchy Martínez Carballo. Rivas sinalou que estas seis mulleres “son unha escolma do talento feminino co que conta Redondela no mundo do deporte, e desde o goberno local cremos que é importante visibilizar o seu traballo e os seus éxitos para que sirvan tamén como referente dos nosos nenos e nenas”. Para a alcaldesa é importante que estas axendas, ademais de ser unha ferramenta de comunicación útil entre alumnado, familias e profesorado, “sirvan tamén para fomentar a igualdade de xénero e de oportunidades en todos os eidos e rachar cos estereotipos”.

Na presentación celebrada hoxe participaron tamén dúas das protagonistas destas axendas: Elena Casal e Conchy Martínez, que falaron cos nenos e nenas e reponderon ás súas preguntas. As dúas árbitras amosáronse “orgullosas” por este recoñecemento á súa traxectoria no mundo do deporte. Elena Casal sinalaba que se trata dunha axenda “moi útil para o alumnado, na que dá visibilidade ao papel da muller no mundo do deporte e se recoñece o noso traballo”. Para Conchy Martínez “é moi importante poñer en valor o deporte feminino, xa temos avanzado moito en materia de igualdade, pero aínque queda traballo por diante”.

Nesta mesma liña de poñer en valor o papel da muller na sociedade, en anos anteriores a axenda escolar elaborada polo Concello deu protagonismo ás Madriñas de San Simón e ás mulleres na ciencia.

A edición para este curso 2024/25 inclúe tamén información de interese sobre actividades que se celebran ao longo de ano en colaboración cos centros de ensino, como a xornada de Lectura na Rúa para promover a lectura, a campaña “unha semaniña enteira” para a promoción do uso do galego ou o proxecto “Espallar tinta” que fomenta a escritura en lingua galega.

Mulleres de Redondela no Deporte:

Paula Domínguez Encinas, “Pauleta” (Redondela, 1997)

Pauleta, futbolista da liga portuguesa, formouse na canteira do Casa Paco e a Escola de Fútbol Base de Redondela. Logo pasou polo Olivo (2013–2016) antes de dar o salto a Portugal co Braga (2016–2018). Desde 2018 xoga no Benfica, club onde acadou os máis importantes éxitos da súa carreira. A xogadora redondelá conquistou en total 11 títulos co equipo de Lisboa: 4 Ligas, 2 Taças de Portugal, 3 Taças da Liga e 2 Supertaças, ademais de xogar na Champions feminina. Logo de superar unha lesión de xeonllo que a tivo 10 meses apartada do terreo de xogo, esta temporada volve a xogar co Benfica, onde ten 3 anos máis de contrato.

Elena Casal Fernández (Redondela, 1988)

Elena conta cunha ampla traxectoria no ámbito arbitral. Foi árbitra da Primeira División Feminina entre 2017 e 2022, e máis recentemente arbitrou na Primeira Federación Feminina durante a tempada 2023/2024. Ademais, Casal compaxinou o seu labor na Federación Feminina coa Terceira Federación masculina desde a tempada 2017/2018. Nas campañas 21/22 e 22/23 estivo en Primeira Federación. Este verán o Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol (CTGAF) nomeou a Elena Casal Fernández como a nova responsable da arbitraxe feminina en Galicia. O seu obxectivo principal é consolidar o progreso da arbitraxe feminina en Galicia coa meta de aumentar o número de colexiadas, que na última tempada superaron as 200.

Conchy Martínez Carballo (Redondela, 1973)

Conchy é árbitra internacional de Taekwondo. No Open de España de Taekwondo celebrado este ano en Alacante foi elixida “mellor árbitra internacional”. Este recoñecemento chegoulle despois de 31 anos de experiencia como árbitra de Taekwondo a nivel nacional e 2 a nivel internacional. En 2022 recibiu o Premio Nacional á mellor árbitra de técnica de Poomsae . Forma parte das FIRST (Female International Referees Spanish Team), un equipo conformado exclusivamente por árbitras internacionais de orixe español que en 2007 deciden agruparse co obxectivo de promover o seu traballo dentro e fóra do territorio nacional.

Carla Abad Alonso (Redondela, 1987)

Carla comezou de nena na canteira da SAR, e xa en categoría absoluta militou na elite do balonmán en equipos como o Guardés. Graduada en Ciencias da Actividade Física, traballa como adestradora en varios equipos e forma parte do corpo técnico das Federacións Galega e Española de Balonmán. Como técnica da selección galega en 2019 acadou o bronce no Campionato de España categoría Infantil feminina e os subcampionatos de España Territoriais en 2023 nas categorías Infantil masculina e Cadete feminina. Formou parte do corpos técnicos da Selección Española Xuvenil masculina que foi Campioa de Europa en 2022 e Campioa do Mundo en 2023. Neste 2024 estivo no equipo técnico da selección Española Sub21 que acadou o Campionato de Europa Junior.

Alba Fernández López (Redondela 2006)

Alba comezou moi nova a practicar motocrós, con tan só 6 anos. Con 8 comezou a participar en carreiras. Nesta disciplina proclamouse dúas veces campioa do Circuíto Nacional Portugués. Os seus excelentes resultados permitíronlle participar no Campionato de Europa e no Campionato do Mundo de motocrós. Na actualidade practica tamén dúas modalidades de bicicleta: Descenso e Pump Track. A deportista redondelá logrou xa proclamarse campioa galega de Pump Track, repetindo triunfo tanto no Campionato de España como na Copa de España.

Antía Domínguez Rodríguez (Redondela, 1987)

A deportista do Club de Remo Chapela ostenta xunto co seu equipo nove títulos nacionais de remo e moitos máis a nivel autonómico. No seu palmarés destacan seis Campionatos de España de Bateis (anos 2008, 2009, 2015, 2021, 2022 e 2024), dous Campionatos de España de Traiñeiriñas (2022 e 2024) e un de Traiñeiras (2022). Antía proclamouse tamén vencedora da Bandeira da Concha en San Sebastián, considerada a “olimpíada do remo”, nos anos 2008 e 2009 como membro da tripulación da S. D. Rías Baixas. A traíña estaba formada pola unión do CR Chapela xunto con Meira e Cabo de Cruz.

– O Concello de Redondela asume o traslado aos institutos do alumnado de ensino non obrigatorio que non ten praza no autobús escolar. Faino a través dun convenio pioneiro asinado coa Asociación Radio Taxi Redondela e a Unión Sindical de Autónomos do Taxi de Redondela, que farán o traslado do alumnado das parroquias aos seus respectivos institutos. O servizo comezou xa a funcionar.
– A alcaldesa, Digna Rivas, explicou que o goberno local “decidiu asumir este servizo por responsabilidade, malia ser competencia exclusiva da Xunta de Galicia, ante a dificultade de moitas familias para levar aos seus fillos aos institutos”.
– O goberno local de Redondela “seguirá demandando ante as Consellerías de Ensino e Mobilidade unha solución ás necesidades de transporte escolar do alumnado de Redondela, xa que se trata dunha competencia exclusiva da Xunta de Galicia” afirma Rivas.

O Goberno municipal de Redondela onte co sector do taxi un convenio para dar solución ao transporte escolar. Con este acordo pioneiro o Concello de Redondela dá reposta á necesidade de ducias de alumnos e alumnas de bacharelato que residen nas parroquias do municipio e que non dispoñen de transporte escolar para desprazarse ao instituto. A alcaldesa, Digna Rivas, explicou que o goberno local “decidiu asumir este servizo por responsabilidade, malia ser competencia exclusiva da Xunta de Galicia, ante a dificultade de moitas familias para levar aos seus fillos aos institutos”. No acto a rexedora salientou que “é un acordo pioneiro, único na provincia, e que o Concello de Redondela asume por responsabilidade”.

O convenio asinouse no Concello de Redondela entre a alcaldesa e os representantes da Unión Sindical de Autónomos do Taxi de Redondela , Manuel Giráldez, e da Asociación Radio Taxi Redondela, Juan Carlos Puga. Tamén participaron no acto os concelleiros de Interior, Rita Pérez, e o de Ensino, Iván Valles. Os taxis farán o traslado do alumnado aos institutos desde as mesmas paradas do transporte escolar de Cesantes, Quintela, Vilar, Porto Cabeiro, Reboreda e Ventosela. Os taxis farán o traxecto de ida e volta ofrecendo un servizo pioneiro na provincia do que se beneficiarán uns 50 alumnos e alumnas dos IES Pedro Floriani e Mendiño. Unha vez asinado o convenio, o servizo comezou xa a funcionar. Na sinatura do convenio Digna Rivas quixo agradecer tamén ao sector do taxi de Redondela “a súa boa disposición e facilidades para chegar a este acordo”.

A alcaldesa sinalou que “ante a falta de resposta por parte da Xunta de Galicia o goberno local de Redondela fai este esforzo para que ningún rapaz ou rapaza de Bacharelato quede sen transporte gratuíto aos seus institutos”. Engade a rexedora que “o transporte escolar é un dereito do alumnado que garante a igualdade de oportunidades para acceder ao ensino con independencia do seu lugar de residencia, e desde o Concello asumimos ese compromiso”.

Reunións coa Xunta de Galicia para esixir solucións ao transporte escolar

A alcaldesa Digna Rivas e o concelleiro de Ensino, Iván Valles, reuníronse nos últimos meses en varias ocasións cos responsables da Xunta de Galicia para tratar de darlle unha solución á falta de transporte escolar para ducias de alumnos e alumnas de Bacharelato. A alcaldesa tamén explica que “se enviou á Xunta de Galicia toda a información que nos solicitaron para dar resposta ao transporte escolar do municipio”. O Concello está á espera de que a Xunta lle faga chegar unha proposta para establecer liñas de autobús nas parroquias a través dun Servizo de Interese Municipal (SIMU) cun convenio entre a administración local e autonómica. “Para dar unha solución ás familias neste inicio de curso, desde o Concello ponse en marcha o servizo con taxis como alternativa”, sinala a alcaldesa.

Aún no hay eventos para las próximas fechas

Enseñanza

¡No se encontraron descargas!

    Ciudad Amiga de la Infancia

    Información de interés

    Se conceden subvenciones como:

    • Ayuda de material escolar para niños de 3 a 6 años.
    • Ayuda de comedor.
    • Actividades extraescolares para ANPAS.
    • Programas de autogestión para los centros.

    Compartir