A Biblioteca Valle-Inclán de Redondela leva gozando de tres días máxicos de Nadal, grazas á colaboración coa Fundación Filomena Rivero Alonso.
Tres días nos que a maxia dos contos con sabor a Nadal e a fantasía artística e creativa na elaboración de postais encheron de ilusión e de ledicia as nosas salas.
Tres días nos que celebramos dous contacontos coa magnífica contadora e actriz Olga Cuervo, e un obradoiro de postais, coa artista e creativa Chus Rojo.
Todas as sesións estiveron completas, con familias enchendo a sala para escoitar os contos e coas prazas completas para participar no obradoiro de postais.
A todos os que participastes, queremos darvos as grazas.
E á Fundación Filomena, queremos agradecerlles a súa colaboración nestas datas un ano máis.