Esto ano contamos, dentro da programación do «NADAL TOTAL» organizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso coa colaboración das Bibliotecas Municipais de Redondela, cunha actividade que nos encanta e que estará dirixida pola magnífica ilustradora Chus Rojo:
«Taller de postais de Nadal» , un obradoiro no que faremos unhas tarxetas do Nadal super chulas! para felicitar estas Festas a toda a familia e amig@s.
Non o podes perder!
⭐O xoves, 19 de decembro
Na Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán de Redondela
De 17:30 a 19:00 h.
⭐Para nen@s de 5 a 8 anos
⭐ Prazas limitadas. INSCRICIÓN PREVIA na biblioteca municipal de Redondela (986401561)