Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

O lar das Palabras: o día

ImagenNoDisponible
☺️ Pasámolo XENIAL!
 Na actividade “O LAR DAS PALABRAS” escoitamos unha bonita historia que nos convidaba a recuperar esas palabras esquecidas do noso idioma galego.
 Debuxamos e eliximos a nosa palabra preferida para facer un imán.
 Elaboramos unhas pulseiras chulísimas coas nosas palabras galegas preferidas.
PERO SOBRE TODO… FOI UN ENCONTRO FAMILIAR ESTUPENDO
 O noso agradecemento a Normalización Lingüística Redondela pola oportunidade de gozar desta actividade na biblioteca.
É, por suposto, moitísimas grazas ás dúas monitoras que desenvolveron “O lar das palabras”

Compartir