Pasámolo XENIAL!
Na actividade «O LAR DAS PALABRAS» escoitamos unha bonita historia que nos convidaba a recuperar esas palabras esquecidas do noso idioma galego.
Debuxamos e eliximos a nosa palabra preferida para facer un imán.
Elaboramos unhas pulseiras chulísimas coas nosas palabras galegas preferidas.
PERO SOBRE TODO… FOI UN ENCONTRO FAMILIAR ESTUPENDO
O noso agradecemento a Normalización Lingüística Redondela pola oportunidade de gozar desta actividade na biblioteca.
É, por suposto, moitísimas grazas ás dúas monitoras que desenvolveron «O lar das palabras»