Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

Redondela abordará a viabilidade das alternativas ao transporte escolar propostas pola Xunta de Galicia

Concello de Redondela
03-11-2023
0
Redondela abordará a viabilidade das alternativas ao transporte escolar propostas pola Xunta de Galicia

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Ensino, Iván
Valles, reuníronse cos responsables provinciais de Ensino e de
Mobilidade, César Pérez Ares e María Martínez, para estudiar as
necesidades dos centros de ensino público de Redondela. A xuntanza
fora solicitada polo Concello de Redondela o pasado mes de setembro.
-O Concello de Redondela analizará se as alternativas pata o transporte
escolar propostas pola Xunta "dan resposta ás necesidades do alumnado
e da veciñanza, e tamén a súa viabilidade económica, para darlle aos
usuarios a mellor alternativa", explica a alcaldesa.
-Valles explica que Pérez Ares comprometeuse a "realizar as obras e
arranxos máis urxentes" que se precisan nos colexios de Redondela "xa
que moitos debido á súa antigüidade presentan filtracións, falsos teitos
que se desprenden e fiestras en mal estado". "Acadouse o compromiso
firme de dotar ao IES Pedro Floriani o material necesario para o
Bacharelato de Artes", sinala o concelleiro.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Ensino, Iván
Valles, reuníronse esta mañá en Pontevedra co responsable provincial de
Ensino, César Pérez Ares, e a Xefa Territorial de Mobilidade, María
Martínez, para trasladarlles as necesidades dos centros de ensino
público de Redondela. A rexedora local explica que entre as máis
urxentes está solventar as deficiencias do transporte escolar nos centros
de ensino como os IES Pedro Floriani e Mendiño. "O alumnado que vive
nas parroquias ten serios problemas para desprazarse aos insitutos da
vila, ao non ter dereito ao uso do transporte escolar, e tampouco conta
con transporte público ordinario", denuncia Rivas. Por este motivo o
pasado 6 de setembro o Concello solicitou á administración autonómica
esta xuntanza. A alcaldesa sinala que existen varias alterntivas para
ofrecer este servizo "pero era necesario que os responsables
autonómicos nos recibisen para estudar con eles as diferentes opcións e
comprobar a súa viabilidade segundo as necesidades que existen en
Redondela". Unha das alternativas son as liñas SIMU (Servizo de
Interese Municipal), para conectar o centro da vila coas liñas de VilarPorto Cabeiro, Reboreda e Cesantes. Rivas advirte que se trata dun
sistema "que haberá que estudar pormenorizadamente desde o Concello
para ver se cobre as necesidades dos escolares e da veciñanza, e tamén
a súa viabilidade económica". A alcaldesa anunciou que desde "xa" os
servizos municipais poranse a traballar "para analizar os horarios, as
rutas e prazas necesarias para os usuarios do servizo". Outras
posibilidades son o transporte a demandan ou un convenio coa
Asociación de Taxistas de Redondela "nas que tamén se está a
traballar", segundo explica o concelleiro de Ensino, Iván Valles.
Por outra banda, o edil sinalou tamén que o Concello "está a supervisar
que a empresa de transporte escolar estea a cumprir con todos os
servizos que ten contratados".
O concelleiro de Ensino, Iván Valles, e a alcaldesa Digna Rivas
trasladáronlle a Pérez Ares a súa preocupación polo caso do CEIP de
Reboreda, onde unha das aulas de primaria presenta a ratio máxima de
alumnos e seis deles presentan necesidades educativas especiais. Valles
demandou ao Xefe Territorial, como xa fixeran as familias e o propio
centro, "a necesidade de desdobrar esta aula para garantir que todo o
alumnado conte coa atención educativa que merece". Os responsables
locais confían en que a Consellería acceda a este desdobre, xa que o
Ares "comprometeuse a estudalo a fondo" logo de explicarlle as
particularidades dese alumnado.
Na xuntanza celebrada na sede da Xunta en Pontevedra, o responsable
territorial de Ensino tamén se comprometeu a analizar as necesidades
"máis urxentes" en canto aos problemas estruturais que presentan
algúns dos colexios redondeláns. Valles trasladoulle os problemas de
filtracións de auga que presentan algúns centros, fiestras en mal estado,
falsos teitos que se desprenden ou o alicatado dalgúns aseos, que corren
risco de desprendemento. "Ttátase de colexios moi antigos, algúns con
máis de 50 anos, e precisan de arranxos urxentes".