A lenda da Coca é unha das lendas máis importantes da nosa vila que dá lugar a unha das festividades máis coñecidas do municipio.
Conta a lenda que hai séculos vivía en Redondela un dragón que levaba as rapazas máis fermosas da vila para a súa guarida, situada baixo a ponte da Illa de San Simón.
Os mozos mariñeiros da vila fartos das maldades da becha decidiron darlle caza alzando as súas espadas e tras unha longa batalla estes resultaron vitoriosos. Unha vez medio morto o animal rescataron as súas prisioneiras e levaron o corpo ao centro da vila, onde os mariñeiros, agarrando as espadas uns dos outros, comezaron a bailar ao redor do tormento ao que deran fin.
Para lembrar esta historia ancestral, todos os anos no desfile do Corpus Christi sácase polas rúas unha figura da Coca e realízase a "Danza das espadas" e a "Danza das Penlas".
A nosa tradición acabou convertida nunha espectacular festa declarada "de interese turístico galego" de varios días de duración nos que se goza dun amplo programa de espectáculos, concertos, exposicions e verbenas nocturnas
A coca de Redondela en 1.000 imágenes
Fotografías: Pelu Vidal