Concello de Redondela

Cargando eventos

«Tropa creativa» club de arte para a rapazada – 2ª sesión

11 Novembro @ 18:00 - 19:30

A Biblioteca Xela Arias convoca un club de arte para rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos.
UN MARTES AO MES encontrarémonos para coñecer movementos artísticos, curiosidades da historia da arte, artistas curiosos…. e, por suposto, faremos as nosas creacións.

  • Un club no que rapaces e rapazas se atoparán para xogar e divertirse a través da lectura, da arte e da creación artística.
  • Un espazo para encontrarse, propoñer e participar.

 

Coñeceremos moitas curiosidades, leremos, crearemos… e pasarémolo moi ben.

Se queredes participar, anotádevos na biblioteca:

📞986-454-226, en horario de luns a venres, de 16:00 a 21:00 h.
💻bibliotecachapela@redondela.gal

Información

11 Novembro @ 18:00 - 19:30

Categorías

Relacionado con

Recinto

Biblioteca de Chapela

Camiño do Piñeiral, 22
Chapela, Redondela, Pontevedra 36320 España

Organiza

Compartir