– O Concello de Redondela acolleu onte a sinatura do convenio coa Confraría de Pescadores San Xoán. O acordo supón unha achega económica para o pósito de 10.000 euros. Estes fondos destinaranse a rexenerar os bancos marisqueiros con semente de ameixa.
– A alcaldesa, Digna Rivas, puxo de manifesto a importancia de apoiar desde o Concello a este colectivo, “que desenvolve unha labor económica fundamental na ría cun traballo artesanal e sostible”. Destacou especialmente “a gran labor das mulleres no mar, que realizan neste sector un duro traballo moitas veces invisibilizado”.
O Concello de Redondela acolleu onte o acto de sinatura do convenio coa Confraría de Pescadores San Xoán. O acordo asinárono a alcaldesa, Digna Rivas, e a Patroa Maior do pósito Nisi Otero. No acto participo tamén o concelleiro de Emprego, Alberto Álvarez. A través deste convenio o Concello de Redondela achega á Confraría unha subvención de 10.000 euros. Estes fondos servirán para a compra de semente de bivalvos, neste caso ameixa xaponesa, para repoboar os bancos marisqueiros nos que faena tanto o marisqueo a pé como a flote. Actualmente a confraría conta con 190 socios e socias. A alcaldesa puxo de manifesto a importancia de apoiar desde o Concello a este colectivo, “que desenvolve unha labor económica fundamental na ría cun traballo artesanal e sostible do que viven ducias de familias do noso municipio”. Rivas destacou especialmente “a gran labor das mulleres no mar, que realizan neste sector un duro traballo moitas veces invisibilizado”.
O convenio asinado hoxe súmase a outras subvencións aprobadas polo Concello para entidades sociais e asistencias, asociacións deportivas e culturais
A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que é un compromiso do seu goberno “apoiar a labor que están a realizar en Redondela diferentes entidades en beneficio da veciñanza no ámbitos social, económico, cultural ou deportivo”.