Concello de Redondela

Tropa creativa – club infantil da Biblioteca Xela Arias

O club infantil Tropa Creativa volta á biblioteca Xela Arias co comezo de ano.

Desta vez deixamos un pouco de descanso para a historia da arte e comezamos coa historia da literatura como temática para traballar moitas cousas.

MARTES 13 de XANEIRO, de 18:00 a 19:30 h.

Xogaremos coa literatura oral e os mitos.
E faremos os nosos traballos manuais.

O club infantil é un espazo mensual para que rapazada de 8 a 12 anos goce da aprendizaxe, da lectura de textos, de investigar, e de facer tarefas manuais. Pero, sobre todo, é un espazo de xuntanza e diversión.

Se vos apetece participar, contactade coa biblioteca!

 

Compartir