Concello de Redondela

As bibliotecas entregan o premio do Sorteo do Reto RadioLector 2025

O Calendario do Libro e a Lectura da Xunta de Galicia establece o 11 de xaneiro como o Día do usuario/a das bibliotecas.

As Bibliotecas Municipais de Redondela celebramos dita efeméride entregando o premio do sorteo do Reto RadioLector 2025.

Ao longo do ano 2025 convidamos a lectores e lectoras a participar nun reto singular, en colaboración coa Radio Municipal: protagonizar a sección semanal Literatura nas ondas, do programa matinal A Estación, facendo cadansúas recomendacións lectoras aos oíntes radiofónicos.

Entre todas e todos os participantes sorteamos un lote de libros, que esta tarde entregamos a Uxía García López, unha xoven e entusiasta lectora que ven de ser a gañadora de dito sorteo.

O sorteo realizouse na Biblioteca Xela Arias de Chapela,  coa colaboración de Vanessa, da Asociación Cultural e Social de Chapela, que se ofreceu a participar como “man inocente”, na seleción do gañador.

Para a entrega do premio contamos coa presenza de Alberto Álvarez Pérez, Concelleiro de Transición Enerxética, Participación Cidadá, Parroquias, Sanidade e Medio Ambiente.

As demáis persoas que participaron neste Reto RadioLector, queremos agradecerlles a súa participación cun agasallo, que poderán recoller na Biblioteca Xela Arias a partir deste martes.

Parabéns á gañadora, e feliz Día do Usuario/a!

Compartir