Concello de Redondela

Asociacións e empresas infórmanse das axudas de Fondos Europeos dos GALP

– O Concello de Redondela traballa nun proxecto para ampliar a sinalización de rutas costeiras do municipio “que mellore a mobilidade e poña en valor o patrimonio natural, histórico e etnográfico do noso litoral”.
– Elena Herbello, xerente do GALP, explicou que tipo de proxectos vinculados cos territorios costeiros poden acollerse a esta convocatoria. A alcaldesa, Digna Rivas, animou a colectivos, asociacións, pemes e autónomos a optar a estas axudas “para crear emprego, preservar o medio ambiente e dinamizar o sector pesqueiro e marisqueiro”. A rexedora agradeceu á Asociación de Empresarios por acoller esta xornada informativa.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, participaron onte na presentación das axudas dos FondosRía de Europeos FEMPA convocada polo Grupo de Acción Local do sector pesqueiro (GALP) Ría de Vigo-A Guarda. O acto, celebrado na Asociación de Empresarios de Redondela, serviu para dar a coñecer a entidades, asociacións e empresas as características destas subvencións. Elena Herbello, xerente do GALP, explicou que tipo de proxectos vinculados cos territorios costeiros poden acollerse a esta convocatoria de axudas 2026. O Concello de Redondela traballa na ampliación da sinalización e promoción de rutas costeiras do municipio “para mellorar a mobilidade e poñer en valor o patrimonio litoral do municipio”. Rivas animou a colectivos, asociacións, pemes e autónomos a informarse para optar a estas axudas “para crear emprego, preservar o medio ambiente e dinamizar o sector pesqueiro e marisqueiro”. A rexedor agradeceu á Asociación de Empresarios de Redondela o ter acollido esta xornada informativa.

A Confraría San Xoán de Redondela e o Círculo Cultural de Chapela explicaron os seus respectivos proxectos, que recibiron fondos en anteriores convocatorias. No caso da Confraría a bióloga e técnica Beatriz Crespo explicou que fixeron unha aposta ecolóxica e sostible e recibiron financiamento para un vehículo 100% eléctrico e cero emisións co que comercializarán e distribuirán produtos do mar de Redondela. Emilio Sánchez, presidente do Círculo, expuxo o seu proxecto “Muller, cultura e mar” para dar a coñecer a cultura propia da contorna, fomentar o deporte náutico, adaptar instalacións e mellorar a eficiencia enerxética.

No acto participaron o alcalde de Nigrán, Juan González, o concelleiro de Soutomaior Diego Moreira.

Poden solicitar estas axudas empresas, autónomos, confrarías, asociacións do sector pesqueiro, entidades públicas e asociacións sen ánimo de lucro. O prazo está aberto ata o 16 de febreiro.

Máis información da convocatoris de axudas na web GALP-RíadeVigo-AGuarda

Compartir