Concello de Redondela

Servizo de Atención Temperá

Servizo de Atención Temperá: A publicación do Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá, significou un punto de inflexión na consideración da Atención Temperá. Dende o 12 de marzo do ano 2026 a Agrupación Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes conta cun servizo de atención temperá.

HORARIO DE ATENCIÓN: Luns a xoves: 8:00 a 18:30, Venres: 8:00 a 15:00

Ubicación: Rúa Isidoro Queimaliños, nº2 (entrada por Reveriano Soutullo), 36800 (Redondela) Teléfono: 660 26 38 38 (provisional)

Enderezo electrónico: atenciontempera.rspf@cogami.gal

QUE É A ATENCIÓN TEMPERÁ?: Enténdese a atención temperá como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

A QUEN SE DIRIXE A ATENCIÓN TEMPERÁ?: Aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastorno do desenvolvemento ou en situación de risco de padecelos, ás familias e á contorna empadroados nos concellos de Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén ou Fornelos de Montes.

QUÉN PODE INFORMAR DUNHA SOSPEITA DE TRASTORNO DO DESENVOLVEMENTO NUNHA NENO/A?:As propias familias, as escolas infantís e centros escolares, os servizos sociais comunitarios ou outras instancias que traten co menor e coa familia. No caso de que a sospeita sexa fora da familia, debe informarse á mesma para que acudan ao servizo de pediatría, xa que é dende este servizo dende onde se fai a derivación.

A ONDE DEBO DIRIXIRME PARA OBTER MÁIS INFORMACIÓN?:

  • Ao servizo de pediatría que derivará, no caso de que o considere, á Unidade de AT.
  • Aos servizos sociais dos concellos de Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén ou Fornelos de Montes
  • Aos servizos de orientación dos centros educativos nos que estea matriculado/a o neno ou nena.
  • Ao servizo de atención temperá da Agrupación, chamando ao teléfono 660 26 38 38 (provisional) ou a través do correo electrónico atenciontempera.rspf@cogami.gal

Compartir