Volven as AULAS MUNICIPAIS de TEATRO! ![]()
Gústache a interpretación ou queres perder o medo escénico? O Concello de Redondela abre o prazo de inscrición para o novo curso que se desenvolverá de outubro de 2026 a xuño de 2027.
As clases impartiranse no Multiusos da Xunqueira. HORARIOS:
Martes:
• Xuvenil (De 10 a 12 anos): de 17:00 a 18:30 h.
Mércores:
• Adultas (+18 anos): de 17:00 a 18:30 h.
• Adolescentes (De 13 a 17 anos): de 19:00 a 20:30 h.
Inscricións: Do 3 ao 30 de setembro.
Como apuntarse?: De xeito presencial no Concello ou a través da sede electrónica.
Lembra que as prazas son limitadas! Non deixes pasar a oportunidade de potenciar o teu talento e gozar do teatro.