Cargando eventos

VI Carreira Popular Infantil e V Contrarreloxo por equipos

12 Setembro @ 18:00 - 23:30

sábado 12 de setembro, o municipio de Redondela acollerá a celebración da VI Carreira Popular Infantil, organizada polo Concello e a Asociación Deportiva C.A.R.

Poderán participar nenos e nenas das categorías pitufos ata Sub16. A distancia das probas irá dende os 50 metros para as categorías máis pequenas ata os 1.500 metros. A carreira dará comezo a partir das 18.00 horas.

saída e meta das probas de Sub12 a Sub16 estarán situadas na Casa do Concello. Para as categorías Sub8 e Sub10, a saída será na Casa do Concello e a meta estará situada á altura de Mercería Fíos. Nas categorías inclusiva e pitufos, a saída será na Casa do Concello e a meta estará situada á altura do Kiosko Cocó.

Paralelamente, celebrarase a V Contrarreloxo por Equipos, que comezará ás 20.00 horas. A proba terá un percorrido urbano de aproximadamente 5 quilómetros, con saída na Alameda Castelao e chegada na rúa Alfonso XII.

Información

12 Setembro @ 18:00 - 23:30

Categorías

Relacionado con

Recinto

Concello de Redondela

Rúa Alfonso XII, 2
Redondela, Pontrevedra 36800 España

Alameda de Castelao

Unnamed Road
Redondela, Pontrevedra 36800 España

Organiza